Pedro de Llano López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1919 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 24 de setembro de 1998 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Familia | |
Fillos | Pedro de Llano Cabado ![]() |
![]() |
Pedro de Llano López, nado na Coruña en 1919 e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1998[1], foi un futbolista, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Ramón de Llano Martín, cubano de orixe galega e histórico mandatario do Deportivo da Coruña,[2] e de Gloria López, unha asturiana filla dun garda civil.[3] Na súa xuventude foi futbolista e xogou no Fabril e no propio Deportivo.[4][5] Entrou a traballar como taquígrafo en La Voz de Galicia en 1937, e foi nomeado director do xornal en 1951, permanecendo no posto até 1968. Despois foi director de El Ideal Gallego (1968-1972) e El Progreso de Lugo (1972-1980). Utilizou o pseudónimo Bocelo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Maruja Cabado Núñez e foi pai de Pedro de Llano Cabado.
Obras
[editar | editar a fonte]- El periodismo por dentro, 1974.
- 82 años de Historia: Real Club Deportivo de la Coruña, 1980 (con Eladio Muíños Díaz).
- Wenceslao Fernández Flórez. El escritor y su obra, 1985.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pedro de Llano López, periodista
- ↑ "Semblanza de Ramón de Llano. Primerísima figura en la Historia del Deportivismo". Deportivo da Coruña (en castelán). 14 de xuño de 1976. Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ López, Ruth (1 de decembro de 2018). ""Le gustaba la redacción de El Progreso; no podía pedir más"". El Progreso (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ "Campeonato local de fútbol amateur". El Ideal Gallego (en castelán) (5585). 30 de maio de 1937. p. 4. Consultado o 8 de decembro de 2021.
- ↑ "Ayer había 18 jugadores federativos". El Ideal Gallego (5875). 5 de maio de 1938. p. 2. Consultado o 8 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Bocelo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- García González, Aurora. Historia de la empresa de La Voz de Galicia.