Pedro del Río Caramelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1894 Ordes, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | industrial, político |
Pedro del Río Caramelo, nado en Ordes cara a 1894, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferreiro de profesión. Fiscal municipal de Ordes nos anos vinte. Dono dun salón en Ordes, en xaneiro de 1926 abriu o Café y Bar Pedro.[1] En 1929 foi nomeado axente executivo de cédulas persoais do partido de Ordes.[2] Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Ordes e elixido 1º tenente alcalde.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por traizón en consello de guerra en Compostela o 22 de decembro na causa 230/36, foi condenado á cadea perpetua. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abriulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.[3] Estivo preso na Prisión Provincial da Coruña, da que saíu en liberdade provisional en maio de 1941.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Manuela Calviño Fraga en 1922,[5] e foi pai de Gabriel, Paz, José, Manuel e Antonio del Río Calvlño.