Peggy Oki
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1956 ![]() Os Ánxeles, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||
Educación | Universidade de Califórnia en Santa Bárbara Venice High School (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | surfista, patinadora de monopatín, activista polos dereitos dos animais, artista, activista climática ![]() | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | Skate Surf ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sitio web | peggyoki.com ![]() | ||||||||||||||||
![]() ![]() |
Peggy Oki é unha skater, surfista, artista e activista medioambiental estadounidense.
Comezou no skate sobre o ano 1975 co grupo Z-Boys, sendo a única rapaza e converténdose así nunha das primeiras mulleres skaters do mundo. Estudou bioloxía medioambiental e obtivo unha licenciatura de arte en pintura pola Universidade de California. Hoxe en día, segue involucrada en varias actividades como o ioga, o skate, a escalada e o surf.
Ten viaxado a multitude de países como surfista e tamén como activista, entre os que se contan Fidxi, México, Suráfrica, Polinesia Francesa, Indonesia, Xapón, Tonga, Hawai, Nova Zelandia, Australia e Costa Rica.
Tamén participou no filme documental Dogtown and Z-Boys, no que se narra a historia dos Z-Boys e a súa influencia na cultura da patinaxe. No 2005, Oki e o resto dos Z-Boys foron novamente obxecto da gravación dun filme sobre as súas vidas chamado Lords of Dogtown.