Saltar ao contido

Pelonomi Venson-Moitoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPelonomi Venson-Moitoi

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Serowe, Botswana Editar o valor en Wikidata
Foreign Minister of Botswana (en) Traducir
2014 – 2018
← Phandu Skelemani (en) TraducirVincent T. Seretse (pt) Traducir →
Minister of Communications, Knowledge and Technology (en) Traducir
2004 – 2009
Minister of Investment, Trade and Industry (en) Traducir
2002 – 2004
Minister of Transport and Public Works (en) Traducir
9 de novembro de 2001 – 2002
← David Magang (en) Traducir
Minister of Education and Skills Development (en) Traducir
Member of the National Assembly of Botswana (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristián Editar o valor en Wikidata
EducaciónCentral Michigan University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Democrático do Botswana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: VensonMoitoi Editar o valor en Wikidata

Pelonomi Venson-Moitoi, nada en Serowe o 31 de maio de 1951, é unha xornalista e política de Botswana. Foi ministra de Asuntos Exteriores de Botswana de 2014 até abril de 2018. Posteriormente foi nomeada Ministra Local e de Desenvolvemento.[1] Considerada unha das mulleres con maior influencia política, foi fulminada do gabinete de goberno cando anunciou a súa intención de disputar a presidencia do partido gobernamental Partido Democrático de Botsuana.[2]

Previamente ocupou diversos ministerios, entre eles o de Comunicación, Ciencia e Tecnoloxía, Comercio, Industria e Turismo etc. En 1999 foi elixida deputada da Asemblea Nacional de Botsuana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencente á etnia tsuana, naceu e creceu en Serowe. Foi nomeada membro da Asemblea Nacional de Botswana en 1999 como unha dos catro membros especialmente seleccionadas e foi reelixida nas eleccións xerais de 2004.[3]

Ocupou varios postos ministeriais, Ministra de Obras, Transporte e Comunicacións de 2001 a 2002, Ministra de Comercio, Industria, Vida Silvestre e Turismo de 2002 a 2004, Ministra de Comunicacións, Ciencia e Tecnoloxía en 2004 e Ministra de Educación.[4][5][6] En 2014 foi nomeada Ministra de Asuntos Exteriores de Botswana posto que ocupou até marzo de 2018. Foi sucedida no cargo por Vincent T. Seretse en abril de 2018 e Pelonomi asumiu o Ministerio Local e de Desenvolvemento.[7]

En 2017 foi candidata a presidir a Comisión da Unión Africana.

O 17 de decembro de 2018, Venson-Moitoi anunciou que sería candidata á presidencia do partido. Ao día seguinte o presidente do país, Mokgweetsi Masisi e líder do partido expulsouna do gabinete.

O 5 de abril de 2019, escribiu unha carta ao secretario xeral do Partido Demócratico de Botsuana na que anunciaba que se retiraba das eleccións presidenciais, alegando que as eleccións estaban "manipuladas desde o principio".[8] O día anterior, o Tribunal Superior fallara en contra da súa solicitude de adiamento do congreso electivo, acordado cos avogados da oposición que non probara se a súa cidadanía era por nacemento ou descendencia. A súa candidatura fora apoiada polo expresidente Ian Khama, quen criticou ao partido gobernante, acusándoo de «facer trampa, intolerancia e intimidación».[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casada con Prince Moitoi quen foi o seu xefe de campaña durante a súa carreira política. Teñen tres fillos.[10][11]

  1. "Masisi removes Venson-Moitoi in another Botswana shakeup | Africa Times" (en inglés). 20 de decembro de 2018. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  2. Ntibinyane (31 de xullo de 2013). "The ‘last woman standing’ - Botswana Guardian" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2019. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  3. "Parley elects special MPs". Botswana Press Agency (BOPA). Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2005. Consultado o 7 de decembro de 2007. 
  4. "Venson is new minister of works". Botswana Press Agency (BOPA). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2005. Consultado o 7 de decembro de 2007. 
  5. "Mogae reshuffles cabinet". Botswana Press Agency (BOPA). Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2005. Consultado o 7 de decembro de 2007. 
  6. "Mogae appoints cabinet -Ten new faces - Five women". Botswana Press Agency (BOPA). Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2005. Consultado o 7 de decembro de 2007. 
  7. "Ministry of International Affairs and Cooperation Botswana" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2020. 
  8. "Botswana: Venson-Moitoi Withdraws From Race". All Africa. 5 de abril de 2019. Consultado o 6 de abril de 2019. 
  9. Sguazzin, Antony (5 de abril de 2019). "Khama Slams Botswana Ruling Party Amid Leadership Dispute". Consultado o 6 de abril de 2019. 
  10. "Botswana: BDP Defends Minister's Spouse in Bulela Ditswe Appeals". 
  11. MMESO, PHILLIMON. "Moitoi DUMPS Ian Khama - The Patriot on Sunday" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]