Pepita Carpena
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Josefa Carpena-Amat ![]() 19 de decembro de 1919 ![]() Barcelona, España ![]() |
Morte | 5 de xuño de 2005 ![]() 15th arrondissement of Marseille, Francia (en) ![]() ![]() |
Ideoloxía política | Anarquismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, tradutora ![]() |
Partido político | Mujeres Libres ![]() |
Membro de | |
![]() |
Josefa Carpena-Amat, máis coñecida como Pepita Carpena, nada en Barcelona o 19 de decembro de 1919 e finada en Marsella (Francia) o 5 de xuño de 2005, foi unha feminista e anarcosindicalista española.[1]
Frecuentou desde moi nova o movemento libertario e tomou parte na Revolución social española de 1936, dentro da Confederación Nacional do Traballo (CNT), das Juventudes Libertarias e do movemento Mujeres Libres.[2]
A súa sobriña Griselda Martín Carpena, doutora en medicina, profesora de ciencias e escritora, publicou a novela Mujeres en la sombra, baseada na vida de Pepita. O personaxe de Paula está inspirado na súa tía.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio barcelonés de El Poble-sec, nunha familia numerosa de clase obreira. Comezou a traballar aos 12 anos como costureira. Aos 14 anos implicouse na revolución española e adheriuse á Confederación Nacional do Traballo e ás Juventudes Libertarias (JJLL).
O 18 de xullo de 1936 tomou parte na revolución e o 20 de xullo participou no asalto ao cuartel de Drassanes. O 17 de novembro uniuse á compañía de Pedro Pérez Mir, quen morreu na fronte. Participou nos sucesos de maio de 1937 e a finais dese ano uniuse ao movemento anarcofeminista Mujeres Libres. Foi designada polo movemento como secretaria de propaganda do Comité Rexional de Cataluña. Impartiu conferencias nas vilas e na fronte, onde coñeceu a Emma Goldman. Durante a guerra civil española tamén traballou nunha fábrica de armamento e municións.
O 25 de xaneiro de 1939, véspera da entrada das tropas franquistas na cidade, partiu a Francia. Foi internada durante case un ano nun campo en Clarmont d'Erau, na fronteira con Montpellier. Casou cun francés a quen deixou á súa chegada a Marsella, onde había numerosos refuxiados españois. Converteuse en compañeira do anarquista Juan Martinez Vita, chamado Moreno,[4] e continuou a súa militancia despois da Liberación de París.
En abril de 1945 foi delegada en Tolosa para o I Congreso da FIJL no exilio. Posteriormente tomou parte no grupo de teatro Acratia e militou na CNT no exilio. Desde 1979 colaborou no Centro Internacional de Investigación do Anarquismo (CIRA), do que foi coordinadora da rama marsellesa entre 1988 e 1999. En 1992 escribiu as súas memorias, publicadas en francés en 2000 co título Toute une vie: mémoires. En 1994 participou nun debate sobre feminismo e posfeminismo. Colaborou nas obras históricas colectivas Mujeres Libres e Luchadoras Libertarias, e tamén no boletín do CIRA e noutras publicacións libertarias españolas e francesas.
Morreu en Marsella o 5 de xuño de 2005, onde o seu corpo foi incinerado.[5]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- De toda la vida (Toutes nos vies), filme de Lisa Berger e Carol Mazer (1986). Coa participación de Sara Berenguer, Pepita Carpena, Mercè Comaposada, Federica Montseny, Conxa Pérez, Suceso Portales e Dolors Prat. Ver online
- O filme Libertarias (1996), de Vicente Aranda, fala das mulleres que militaron na organización Mujeres Libres. Os personaxes son interpretados por Ana Belén, Victoria Abril e Ariadna Gil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Heath, Nick (28 de setembro de 2004). "Carpena, Pepita, 1919-2005". libcom.org (en inglés).
- ↑ Ruíz Eugenio, Laura (10 de xuño de 2005). "Pepita Carpena, luchadora libertaria de Mujeres Libres". El País (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2023.
- ↑ Martín Carpena, Griselda (2009). Mujeres en la sombra (en castelán). Barcelona: Comanegra. ISBN 9788493600655. OCLC 733785230.
- ↑ Salud, Paco (8 de novembro de 2021). "Juan martinez vita". Federaciónanarquista.net (en castelán).
- ↑ "Muere Pepita Carpena histórica anarquista". El Periódico Mediterráneo (en castelán). 8 de xuño de 2005. Consultado o 23 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berenguer, Sara, ed. (2000). Mujeres libres, des femmes libertaires en lutte: mémoire vive de femmes libertaires dans la Révolution espagnole. Catalogue général des éditions et collections anarchistes francophones (Cgécaf) (en francés). París: Éditions du Monde libertaire. ISBN 9782903013707.
- Carpena, Pepita (2000). De toda la vida. CIRA Lausanne, Cgecaf (en francés). Éditions du Monde libertaire e Éditions Alternative libertaire. ISBN 9782903013714.
- Rausa, Jacinte (2000). Sara Berenguer. CIRA Lausanne (en francés). Éditions du Monde libertaire e Éditions Alternative libertaire. ISBN 9782903013721.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BiografíaArquivado 08 de decembro de 2014 en Wayback Machine. na web do CIRA de Marsella.
- L'Éphéméride anarchiste: Biografía.
- Biografía no CIRA de Lausana.