Peramelinos
Peramelinos Peramelinae | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perameles gunni | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||||||||
|
A dos peramelinos (Peramelinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos e familia dos peramélidos.[1]
Todos os membros da subfamilia son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Philos., n.s., 10: 336.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da subfamilia, Peramelinae, está formado sobre a base do nome Perameles, o seu xénero tipo, coa adición da forma sufixa do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[2]
É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelinae significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está fomada por dous xéneros coas especies e subespecies seguintes:
Subfamilia Peramelinae
- Xénero Isoodon
- Isoodon auratus
- Isoodon auratus auratus
- Isoodon auratus arnhemensis
- Isoodon auratus barrowensis
- Isoodon macrourus
- Isoodon macruourus macrourus
- Isoodon macruourus moresbyensis
- Isoodon obesulus
- Isoodon obesuslus obesulus
- Isoodon obesulus nauticus
- Isoodon auratus
- Xénero Perameles
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Peramelinae no MSW.
- ↑ [Ligazón morta Perameles}} no Oxford English Dictionary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peramelinae Gray, 1825 no MSW.
- Peramelinae Gray, 1825 no ITIS.
- Peramelinae Arquivado 01 de xuño de 2016 en Wayback Machine. na EOL.