Percentil
En estatística, o k-ésimo percentil (Pk) é o valor x (xk) que separa o k% dos valores máis pequenos da mostra.
Definicións
[editar | editar a fonte]O percentil k-ésimo é o valor x (xk) que corresponde á frecuencia acumulada de N k/100, onde N é o tamaño da mostra. Polo tanto o primeiro percentil determina o 1 % menor dos datos e o 98º percentil determina o 98 % menor dos dados.
O 25º percentil é o primeiro cuartil; o 50º percentil é a mediana e o 75º percentil é o terceiro cuartil. De igual forma, o 10º percentil é o primeiro decil e o 80º percentil é o oitavo decil.
A definición de Mendenhall e Sincich para o p-ésimo percentil de N valores ordenados é correspondente ao valor que ocupa a posición , arredondada ao enteiro mais próximo. A definición Minitab é dada como a interpolación linear do valor correspondente á posición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Weisstein, Eric W. MathWorld -- A Wolfram Web Resource, ed. "Percentile". Consultado o 31 de maio de 2014.
- "Percentil - Excel Office OnLine". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2009. Consultado o 31 de maio de 2014.