Saltar ao contido

Percy Spencer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPercy Spencer
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1894 Editar o valor em Wikidata
Howland, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , inventor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

WikiTree: Spencer-12063

Percy LeBaron Spencer, nado en Howland (Maine) o 9 de xullo de 1894 e falecido en Newton (Massachusetts) o 8 de setembro de 1970, foi un enxeñeiro e inventor estadounidense. É coñecido por ser o inventor do forno de microondas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Percy Spencer naceu en Howland no estado de Maine. O seu pai morreu en 1897, e a súa nai deixouno pouco tempo despois baixo o coidado da súa tía e o seu tío. Nunca se graduou da escola primaria,[2] pero púxose a traballar nun muíño como aprendiz aos doce anos, iñantes de alistarse á Mariña dos EE. UU. en 1912 para aprender telegrafía. Incorporouse á compañía Raytheon na década de 1920.

En 1941, Raytheon producía dezasete magnetróns por día, que servían para xerar os sinais de radio de microondas, que son o mecanismo principal do radar. Mentres traballaba alí, Spencer desenvolveu un método de fabricación máis eficiente. As súas melloras contribuíron a aumentar a produción do magnetrón a 2.600 exemplares por día. Polo seu traballo foi galardoado co premio ao Servizo Público Distinguido pola Mariña dos EE. UU..[1][3]

En 1945, estando parado perante un magnetrón en funcionamento, unha barra de chocolate fundíuselle no peto.[2] Deseguido, probou con flocos de millo (seguramente subindo a potencia e a posición da irradiación). Cando puxo un ovo cru estoupou na faciana dun colega.[2] O desenvolvemento do forno de microondas xurdiu a partir destas observacións, e en 1947 Raytheon vendeu un primeiro forno comercial, que era aínda xigante (de case dous metros), pesaba máis de trescentos quilos e custaba cinco mil dólares.[4] Tardou até o 25 outubro de 1966 cando saíu o primeiro modelo doméstico.[5]

Aconteceu vicepresidente e un membro de alto rango do Consello de Administración de Raytheon. Documentou 300 patentes durante a súa carreira na empresa; púxoselle o seu nome nun edificio.[6]

Spencer casou coa súa esposa Louise e tivo tres fillos: James, John e George.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Inventors Hall of Fame". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Pitzke, Marc (2015-01-23). "Mikrowelle: Percy Spencers Zufalls-Entdeckung im US-Militär-Labor". Der Spiegel (en alemán). ISSN 2195-1349. 
  3. "Inventor of Microwave Oven". 
  4. Bonpreu - Esclat, ed. (8 de novembro de 2019). "Cuinar al microones". 
  5. Carmaniu i Mainadé, Xavier (24 de outubro de 2021). "La xocolatina de l’enginyer". El Periódico. 
  6. El chocolate derretido del ingeniero. Ebiz.pe.