Pereda de Ancares
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24433 | |||
Pereda de Ancares é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra dos Ancares. Segundo o INE en 2012 tiña 47 habitantes[1]. Nos últimos anos, Pereda de Ancares converteuse no punto de partida para moitos excursionistas e turistas que veñen a coñecer Os Ancares debido ás rutas de sendeirismo que cruzan a zona[2], pero o renacemento da súa economía débese principalmente ao cámping e ás casas rurais que hai na aldea[3]; o que lle achegou certa revitalización tras anos de illamento e abandono. O sector primario segue sendo unha parte importante da economía da parroquia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A aldea está situado nas lombas das montañas, e a arquitectura local componse de casas brancas con tellados de lousa. A igrexa de Pereda de Ancares é un exemplo da arquitectura relixiosa co seu soportal á entrada da igrexa e o seu campanario, feita en cachotaría. A aldea posúe unha das pallozas mellor conservadas de todos os Ancares leoneses. Está proxectado a súa restauración sufragada polo concello e o Instituto leonés de cultura[4].
A aldea está situada nunha paraxe montañosa e bosques de nogueiras, o que constitúe o principal atractivo para os sendeiristas e excursionistas.
Festas
[editar | editar a fonte]A principal festividade de Pereda de Ancares é o día de San Xurxo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.