Perfecto Castro Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() Galdo, España ![]() |
Morte | 16 de abril de 1949 ![]() Cerdido, España ![]() |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo ![]() |
Outros nomes | Tereso ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maquis ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española ![]() |
![]() |
Perfecto Castro Martínez, Tereso, nado en Galdo (Viveiro) cara a 1903 e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simpatizante do PCE. Pasou catro anos no cárcere e despois incorporouse á guerrilla. Foi membro da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Participou na execución do cura de Bravos e na do alcalde de Ourol. Despois pasou ao destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento José Vilariño Fernández e José Felpeto Gómez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 20-4-1949, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-166-7.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 48. ISBN 84-8485-231-8.