Pero Meogo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1200 (Gregoriano) |
Morte | 1261 (Gregoriano) (60/61 anos) |
Actividade | |
Ocupación | xograr |
Pero Meogo foi un xograr galego-portugués da Idade Media, máis concretamente do século XIII[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Del non se ten case información, e suponse que debeu ser contemporáneo do rei don Dinís de Portugal (que reinou desde 1279 até 1325). Consérvanse nove cantigas de amigo da súa autoría.
En documentación do século XIII hai constancia dun crego de Ourense e dun notario santiagués do mesmo nome[2]. O profesor José Antonio Souto Cabo identifícao, con base á documentación da catedral de Santiago, cun crego do municipio de Teo, ó cal a documentación relaciona co trovador Sancho Sánchez e o xograr Martín de Sisto[2].
Os especialistas na lírica medieval galego-portuguesa Carlos Alvar e Vicente Beltrán sitúan a obra de Pero Meogo a medio camiño entre a cantiga narrativa e a de amigo[3]. Neste autor vese un amplo uso de símbolos da natureza, especialmente do cervo e a auga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pero Meogo". MedDB. Consultado o 05-10-2024.
- ↑ 2,0 2,1 "Pero Meogo". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas.
- ↑ Carlos Alvar e Vicente Beltrán, Antología de la poesía gallego-portuguesa, Alhambra, 1989
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- MÉNDEZ FERRÍN, X. L.: O cancioneiro de Pero Meogo, Vigo, Galaxia, 1966.
- AZEVEDO FILHO, L. A. de: As cantigas de Pero Meogo, Brasilia, 1981.