Pertegueiro maior de Santiago
O pertegueiro maior de Santiago é unha dignidade da arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela.
Descrición
[editar | editar a fonte]O cargo de pertegueiro maior de Santiago era desempeñado por membros da alta nobreza e tiña funcións militares, policiais e xudiciais así como rendas provenientes das terras do arciprestado, razón pola cales foi un cargo moi codiciado a finais da Idade Media, tanto en terras compostelás como nas dos mosteiros, onde os nobres locais pelexaban entre si por acceder ao cargo co fin de cobrar substanciosas rendas. Entre as funcións militares contábanse a de acaudillar as milicias episcopais compostelás e socorrer coas mesnadas propias o arcebispo de Santiago de Compostela e o seu territorio.
Pertegueiros maiores de Santiago
[editar | editar a fonte]Algúns dos pertegueiros maiores de Santiago na Idade Media foron as seguintes persoas, todos eles membros da alta nobreza, ou mesmo emparentados coa realeza:[1]
- Estevo Fernández de Castro, señor de Lemos e Sarria e adiantado maior do Reino de Galicia.
- Fernando Rodríguez de Castro, señor de Lemos e Sarria e bisneto do rei Afonso IX de León.
- Afonso de Valencia, señor de Valencia de Don Juan e Mansilla e neto de Afonso X o Sabio.
- Felipe de Castela, infante de Castela e fillo do rei Sancho IV de Castela.
- Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, Monforte e Sarria, e neto do rei Sancho IV de Castela.
- Pedro Henríquez de Castela, condestable de Castela e neto de Afonso XI de Castela.
- Fradique Henríquez de Castela, fillo do anterior e bisneto de Afonso XI de Castela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salazar y Acha 2000, p. 387.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armesto, Victoria (1969). Galicia feudal. Volumen 1 (1ª edición). Vigo: Editorial Galaxia.
- Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo; Eduardo José Pardo, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos (2000). Fundación Pedro Barrié de la Maza, ed. Los señores de Galicia: tenentes y condes de Lemos en la Edad Media: Galicia histórica (1ª edición) (en castelán). A Coruña. ISBN 84-89748-71-3.
- Salazar y Acha, Jaime de (2000). Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, ed. La casa del Rey de Castilla y León en la Edad Media. Colección Historia de la Sociedad Política, dirigida por Bartolomé Clavero Salvador (1ª edición) (en castelán). Madrid: Rumagraf S.A. ISBN 978-84-259-1128-6.