Peseta de Guinea Ecuatorial
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
A peseta de Guinea Ecuatorial[1] (ou peseta guineana) foi a moeda de curso legal na Guinea Española desde 1969 ata 1975. Substituíu a peseta española, coa mesma paridade, tras a independencia en 1968, e posteriormente foi substituída polo ekwele.
Moedas
[editar | editar a fonte]En 1969 emitíronse moedas de 1, 5, 25 e 50 pesetas, todas con igual tamaño, forma e peso que a peseta española. As súas características detállanse a seguir:
Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 peseta | 1969 | Cu + Ni + Zn | 21,00 | 3,50 | REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
|
5 pesetas | 1969 | Cu + Ni | 23,00 | 5,75 | REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
|
25 pesetas | 1969 | Cu + Ni | 26,50 | 8,50 | REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
|
50 pesetas | 1969 | Cu + Ni | 30,30 | 12,50 | REPÚBLICA DE GUINEA ECUATORIAL |
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1969 emitíronse billetes de 100, 500 e 1.000 pesetas. As súas características detállanse a seguir:
Denominación | Efixie | Cor predominante |
---|---|---|
100 pesetas | Marrón | |
500 pesetas | Verde | |
1.000 pesetas | Francisco Macías Nguema | Azul |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ecuatoguineano.