Saltar ao contido

Peste de Xustiniano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peste de Xustiniano
Tipopandemia e peste Editar o valor en Wikidata
Data
Período
541 Editar o valor en Wikidata 
╴750 Editar o valor en Wikidata
Características
Causado porYersinia pestis Editar o valor en Wikidata
No implicados
No mortes25.000.000 e 50.000.000 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A peste de Xustiniano foi unha pandemia causada pola peste que afectou ao mundo mediterráneo, con especial incidencia no Imperio Bizantino entre os anos 541 e 544. Os historiadores da época, Procopio de Cesarea e Evagrio, deron a primeira descrición inconfundible da peste.

Esta epidemia tivo a súa orixe ou ben en Etiopía procedente do interior de África, ou ben nos navíos romanos que facían comercio coa India, e entrou no territorio de Bizancio por Exipto. Nesa altura Exipto pagaba a anona, o imposto de gran de trigo, para abastecer os mercados de Constantinopla, como fixera anteriormente a Roma. Serían neses navíos onde se levou a peste ao Imperio Bizantino; os primeiros lugares afectados foron os portos comerciais e de aí difundiuse cara ao interior.

No transcurso do ano 541 a epidemia chegou a Exipto a través do golfo de Suez ata o delta do río Nilo, bifurcándose a súa difusión dunha banda cara a Alexandría e doutra cara a Antioquía, espallándose despois ao longo das ribeiras do Nilo. En Constantinopla déronse os primeiros casos en marzo de 542 pero o período de virulencia foi de maio a agosto. A peste matou no seu pico, en xullo, preto de 10.000 persoas por día, segundo o historiador da época Procopio, acabando por matar o 40 % da poboación da cidade. A nobreza foi tamén decimada, levando ao emperador Xustiniano a promulgar novas leis de sucesión para facer fronte á desaparición masiva dos seus militares e burócratas. Ademais da capital nese ano de 542 a peste devastou tamén Palestina, Siria, Tracia e no ano 543 chegou ao interior de Anatolia e tamén á rexión do Mediterráneo occidental, arrasando Italia, a África bizantina, Hispania e por último á Galia no 544. Ademais durante o resto do século VI e todo o VII houbo repuntas cíclicas.

Nesa altura, o Imperio Bizantino loitaba contra a ocupación bárbara das terras do antigo Imperio romano occidental. Grazas aos seus xenerais Belisario e ao escravo imperial e eunuco Narsés, recuperara o Norte de África, incluíndo Cartago dos Vándalos, e Italia e o sur de Hispania (incluíndo o Algarve) dos Ostrogodos e Visigodos. A perda de fondos e de homes na capital debido á peste foi determinante no cesamento das hostilidades no período de maior éxito, levando finalmente á derrota da campaña pola presión continua das tribos bárbaras non conquistadas que alí habitaban.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

Estímase como máximo unha mortalidade do 25 % da poboación das costas do Mediterráneo Oriental, preto de 25 millóns de persoas. Diminuíu a man de obra campesiña e aumentaron as zonas rurais despoboadas, Xustiniano decidiu redistribuír as terras de labor desertas entre os campesiños superviventes, pero o aumento da presión fiscal que comportaba a medida fixo que moitos pequenos propietarios lles vendesen as terras aos grandes propietarios.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lester K. Little, ed. (2006). Plague and the End of Antiquity: The Pandemic of 541-750, Cambridge. ISBN 0-521-84639-0. (en inglés)
  • McNeill, William H. (1976). Plagues and Peoples. Nova York: Bantam Doubleday Dell Publishing Group, . ISBN 0-385-12122-9. (en inglés)
  • Moorhead, J. (1994). Justinian. Londres. (en inglés)
  • Orent, Wendy (2004). Plague, The Mysterious Past and Terrifying Future of the World's Most Dangerous Disease. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0-7432-3685-8. (en inglés)
  • Rosen, William (2007). Justinian's Flea: Plague, Empire, and the Birth of Europe. Viking Adult. ISBN 978-0-670-03855-8. (en inglés)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]