Saltar ao contido

Peter Nicolai Arbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Nicolai Arbo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1831 Editar o valor en Wikidata
Gulskogen, Noruega (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte14 de outubro de 1892 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Christiania, Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGulskogen Manor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPintura de historia Editar o valor en Wikidata
ProfesoresOtto Mengelberg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEliza Arbo (1882–) Editar o valor en Wikidata
FillosElna Arbo Editar o valor en Wikidata
PaiChristian Fredrik Arbo Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarl Oscar Eugen Arbo Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Malerwerke des neunzehnten Jahrhunderts: Beitrag zur Kunstgeschichte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Discogs: 2235922 Editar o valor en Wikidata
Valquiria
(1869)

Peter Nicolai Arbo, nado o 18 de xuño de 1831 e finado o 14 de outubro de 1892, foi un pintor noruegués especializado en motivos mitolóxicos, destacando a súa Åsgardsreien, así como as súas valquirias.[1][2]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Peter Nicolai Arbo creceu na Mansión Gulskogen, en Gulskogen, unha poboación de Drammen, Noruega. Era fillo do director Christian Fredrik Arbo (1791–1868) e da súa dona Marie Christiane von Rosen. Seu irmán Carl Oscar Eugen Arbo foi un médico militar pioneiro en Noruega nos estudos antropolóxicos. O fogar da infancia de Arbo, en Gulskogen, fora construído en 1804 como residencia estival polo seu curmán máis vello, o madeireiro Peter Nicolai Arbo.[3][4]

Arbo comezou a súa educación artística cun ano na Escola de Arte dirixida por Frederick Ferdinand Helsted (1809–1875) en Copenhaguen (1851-1852). Tras isto, estudou nunha academia de arte de Düsseldorf. Desde 1853 até 1855 aprendeu con Karl Ferdinand Sohn, profesor da Kunstakademie Düsseldorf, e en 1857-1858 con J. E. Hünthen, pintor de batallas e animais. En Düsseldorf, foi durante un tempo estudante privado de C. Mengelberg, pintor de feitos históricos. Contactou con Adolph Tidemand e converteuse en bo amigo de Hans Gude, ambos profesores da academia de arte de Düsseldorf.[5] Asóciase coa escola de pintura de Düsseldorf.

En 1861, Arbo volveu a Noruega, e ao ano seguinte, embarcouse nunha viaxe canda Gude e Frederik Collett. En 1863, pintou a primeira versión de Cabalos nas montañas, un motivo que retomaría despois varias veces. A versión de 1889 está no Museo nacional de arte, arquitectura e deseño (en noruegués: Nasjonalmuseet for kunst, arkitektur og design) en Oslo, e é considerada unha das súas obras máis importantes.[6]

En 1866, foi nomeado Cabaleiro da Orde de Santo Olav e Cabaleiro da Orde de Vasa. Tivo numerosas posición, incluíndo a de xurado en Estocolmo en 1866 e en Filadelfia en 1876, e foi comisionado da exhibición de Viena en 1873. Tamén foi membro da Compañía da Galería Nacional dese 1875 e director da Sociedade de Arte de Christiania desde 1882 até a súa morte.

Museo Drammens

[editar | editar a fonte]

O Museo Drammens (en noruegués: Drammens museum for kunst og kulturhistorie) atópase no corazón de Drammen, na beira sur do río Drammen. Nos seus primeiros anos, esta era unha área de elegantes casas de terratenentes coñecidas como Marienlyst. As exhibicións do museo inclúen temas históricos e culturais de Noruega. O museo de Drammen consiste en cinco departamentos que inclúe a mansión de Gulskogen, a casa onde se criou Peder Nicolai Arbo. Nun dos cuartos da Mansión Gulskogen, pódense atopar traballos deste pintor.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]