Saltar ao contido

Quetzal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pharomachrus»)
Quetzal

Pharomachrus mocinno
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Trogoniformes
Familia: Trogonidae
Xénero: Pharomachrus
Especies
  • P. antisianus
  • P. auriceps
  • P. fulgidus
  • P. mocinno
  • P. pavoninus

Os quetzais[1][2] (Pharomachrus) son un xénero de aves da familia dos trogónidos (Trogonidae). Teñen unha dieta variada, que inclúe moitos froitos (sobre todo das árbores lauráceas) e tamén insectos e ras. O seu hábitat é a selva montañosa, en espazos húmidos. Xeralmente poñen dous ovos (cor azul pálida) por niñada no buraco dunha árbore.[3][4]

Até anos recentes, creuse que o quetzal non podía procrear nin vivir moito tempo en cativerio, polo que é un símbolo tradicional da liberdade. Porén, no 2004 anunciouse que uns quetzais tiveron crías nun aviario privado de Ixtapaluca (Estado de México), administrado pola Fundación Vida Silvestre Dr. Estudillo López.[5][6]

O quetzal é a ave nacional de Guatemala e esta ave xoga un papel importante na mitoloxía prehispánica e moderna da rexión. Os reis e sumos sacerdotes anciáns levaban tocados de plumas de quetzal.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Na voz náhuatl, quetzal (que provén, á súa vez, de quetzalli) significa precioso ou belo; noutras voces mesoamericanas significa sacro ou erixido. Segundo o American Heritage Dictionary, quetzalli pode traducirse como «cola longa de plumas brillantes» e, segundo o Merriam-Webster Collegiate Dictionary, como «cola cuberta do quetzal». En canto á súa clasificación latina, Pharomachrus provén do grego antigo pharos, «manta», e makros, «longo», en referencia á aleta e cola cuberta da ave.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Pharomachrus auriceps

Aínda que todas as especies do xénero Pharomachrus chámanse quetzais, a palabra soa usábase orixinalmente para denominar ó Pharomachrus mocinno, o quetzal centroamericano ou mesoamericano. En total, coñécense cinco especies:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para quetzal.
  2. "Entrada quetzal en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  3. A Guide to the Birds of Mexico and Northern Central America (Una guía sobre las aves de México y del norte de Centroamérica), Steve N. G. Howell y Sophie Webb, 1994, ISBN 0-19-854012-4
  4. Firefly Encyclopedia of Birds, Christopher Perrins (ed.), 2003, ISBN 1-55297-777-3
  5. ["Quetzals Bred in Captivity in Chiapas", Claudia Orellana, Frontiers in Ecology and the Environment tomo 2 (7), p. 345, 2004. (Un pichón del quetzal centroamericano en el zoológico "Miguel Álvarez del Toro, en Tuxtla Gutiérrez, Chiapas, México. Ver breve extracto en: aquí.)]
  6. "Nota sobre el nacimiento de dos quetzales en El Nido, en Ixtapaluca, Estado de México, México.". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2018.