O seu pai, André Starck, enxeñeiro aeronáutico, inspirou a Starck xa dende pequeno, facía "da invención un deber". A súa familia vivía na rexión de Alsacia, antes de que o seu avó se mudase a París. Estudou na École Nissim de Camondo de París. En 1968 fundou a súa primeira empresa, que producía obxectos inchables. En 1969 converteuse en director artístico de Pierre Cardin.[1]
En 1974 instalouse nos Estados Unidos e dous anos despois volveu a París, onde lanzou o seu primeiro night club, La Main Bleu, e o club nocturno Les Bains-Douches. En 1979 fundou a empresa Starck Product.
Durante a década de 1980 renovou os apartamentos privados do presidente francés François Mitterrand no Palais de l'Elysée, decorou os interiores do Café Costes de París e foi responsable dos interiores do Caffé Manin de Toquio. Tamén foi o encargado de decorar os interiores do Hotel Royalton de Nova York e deseñou os planos das instalacións da empresa francesa de cubertos Laguiole. A finais da década de 1980, construíu o barco La Fiamma para a empresa Asahi e a propiedade Nani Nani para Rikugo en Toquio.[2] Tamén se encargou do deseño de interiores do Teatro Infanta Beatriz[3] e Ramses en Madrid e foi o responsable da decoración interior do Hotel Paramount.
En 1991 participou na construción do Museo de Groningen, construíu o edificio de oficinas Le Baron Vert en Osaca para Meisei e ocupouse dunha serie de residencias privadas, como Lemoult (París), L'Angle (Anveres), 18 rapport maisons nos Ánxeles e unha residencia privada en Madrid. A finais dos 90, creou o catálogo Good Goods con La Redoute.[4]
En 2018, inaugurou dous edificios en Quito, Ecuador,[5] un dentro da zona urbana da cidade e outro na parroquia de Cumbayá; Para Starck, os edificios propoñen a vida comunitaria: "Vivimos nunha sociedade na que estamos cada vez máis sós, envexando aos nosos veciños. Aquí é todo o contrario, emprego un concepto de surrealismo moderno que ofrece sorpresa en todo o que se ve", dixo. Durante a inauguración de ámbolos proxectos os proxectos foron promovidos por Uribe & Schwarzkopf, promotora inmobiliaria liderada por Tommy Schwarzkopf, que foi o encargado de liderar a renovación urbana da cidade.
1985 - Chevalier de l'Ordre des Arts et des Lettres de Francia.
1986 - Premios Delta de la Plata.
1987 - Platium Circle.
1988 - Grand Prix National de la création industrielle, París.
1990 - Interior Architecture Award.
1991 - Twelfth Annual Interiors Award.
1995 - Good design Award; Prix d'excellence Marie Claire Maison; Trophées du Design Batimat; Design Preis Schweiz; Auszeichnung für hüchste Designqualität.
1998 - Auszeichnung für hohe Designqualität.
2000 - iF Product Design Award; Distinction; Red Dot for High Design Quality.
2000 - Gold ADEX; German Ranking Design Award; Good Design Award.