Picafollas de papo branco
Picafollas de papo branco | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
''Phylloscopus bonelli'' (Vieillot), 1819 |
O picafollas de papo branco[2] (Phylloscopus bonelli) é un pequeno paxaro que vive en Europa e África, pertencente á familia Phylloscopide (antes estaba clasificado dentro de Sylviidae).
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]O picafollas de papo branco ten unha lonxitude duns 11,5 cm e pesa uns 8 gramos. É lixeiramente máis pequeno có picafollas musical. O corpo enteiro é de cor parda con tonalidades amarelas. A parte inferior é máis clara, chegando nalgúns individuos a un ton branco. As patas son de cor carne pálida. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en bosques de coníferas e mixtos, chegando ata ó límite de altitude das especies arbóreas. Aliméntase de insectos e de arañas.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A época de cría corresponde ós meses de maio e xuño, sendo a posta duns 5-6 ovos. Necesítanse 13 días para chocar os ovos. Os polos permanecerán 12 días no niño antes de abandonalo.
Distribución
[editar | editar a fonte]Presente en Europa Occidental dende a Península Ibérica ata o sur de Alemaña e os Balcáns Occidentais, durante os meses de abril a setembro. Inverna no oeste da África tropical.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Phylloscopus bonelli". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello do Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
- Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)