Picapau grande
Picapau grande | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto
| |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Dendrocopos major' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
Dendrocopos submajor |
O picapau grande[2] (Dendrocopos major) é unha ave da familia dos petos (Picidae). É o peto máis común en Europa.
Descrición
[editar | editar a fonte]O picapau grande mide uns 23 cm de longo e as súas ás acadan os entre 34 e 39 cm de envergadura. Pesan entre 60 e 90 g. A plumaxe é negra na parte superior do corpo, con dúas grandes manchas brancas nas ás. A parte inferior do corpo e gris amarelada, co ventre de cor vermella. Os machos teñen unha mancha vermella na caluga. As meixelas son de cor branca, e están separadas da gorxa por unha lista negra. As plumas inferiores da cola son vermellas brillantes, que é negra, agás as dúas plumas exteriores de cada lado, que son negras e brancas. O peteiro é da cor do xisto, e as patas son grises averdesadas.
Teñen unllas moi afiadas e curvas nos dedos agatuñadores, ó casqueiro das árbores.coas que se suxeitan ó cortizo das árbores. Dúas unllas están dirixidas cara a adiante e dúas cara a atrás. A súa pel e moi grosa para protexe-lo das picaduras dos insectos. Unha ligazón flexible entre a ampla base do peteiro e o cranio, absorbe as vibracións producidas cando fai furados na madeira co bico. Os fortes músculos que controlan a cola, facilítanlle a estabilidade e a posición vertical mentres esta a perforar as árbores. Para evitar que poida respirar o po de madeira producido cando fai os buratos, os orificios nasais están cubertos por plumas finas.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]O picapau grande aniña en toda Europa, agás en Grecia, en Irlanda, en Islandia, no norte da Escandinavia e no norte e no sur de Rusia. Tamén aniña no norte e leste de Asia. Aparece tamén nos montes Atlas no noroeste de África, en Anatolia, o Cáucaso e o norte de Irán. As poboacións das zonas máis ó norte son polo menos parcialmente migratorias. O resto son sedentarias. Na Península Ibérica é bastante abondoso, aínda que é máis común no interior que na beiramar.
Poboación en Galicia
[editar | editar a fonte]O picapau grande é bastante común en Galicia, aniña dende a beiramar ata os 1400 m de altura, sendo máis común no interior que nas zonas costeiras. Está clasificado como ave de interese especial.
Hábitat
[editar | editar a fonte]É un dos petos menos especializados, o que lle permite acceder a biótopos máis variados: vive tanto en bosques de folla caduca como perenne, pero ás veces aparecen mesmo en parques e en terras de cultivo, se dispoñen de árbores as beiras dos camiños, vexetación plantada como cortaventos ou pequenos grupos de árbores. Habita mesmo en zonas verdes dalgunhas cidades. O seu hábitat óptimo son os bosques con árbores vellos e mortos.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase basicamente de insectos adultos e larvas que captura na casca das árbores, atrapándoos coa súa lingua longa e pegañenta.. No inverno, perante a escaseza de insectos comen froitos secos, bagas e sementes. Despois de arrincar das árbores pinas e outros froitos de casca dura lévanos a un burato axeitado nunha pola que utilizan para suxeitalos e abrilos. Estes mesmas "ingres" utilízanas para rompela casca dura de escaravellos grandes. Ocasionalmente tradean caixas de facer niños e comen os ovos ou as crías doutros paxaros.
Sons e chamadas
[editar | editar a fonte]O son que mellor permite localizar ós petos e o que fan cando furan na madeira co seu bico, mentres procuran alimento. Unha serie rápida, duns dous segundos de duración, de entre 10 e 15 golpes serve tamén para atraer a atención das femias. Estas series poden escoitarse xa durante o inverno. Os machos comezan o seu repique axiña que teñen acabado o furado para face-lo niño, e aproveitan calquera corpo que lles faga de caixa de resonancia, coma troncos ou polas ocos, para amplificalo. O bater do bico do macho contra a madeira que, o longo do ano, está composto de series de entre 10 e 20 golpes, faise durante a época de aparellamento máis frecuente e componse de series máis longas.. Tamén se deixan escoitar as femias, para se facer notar cando se atopan no territorio dun macho. As cerimonias de cortexo serven, coma noutras especies de animais solitarios para evitar agresións, aínda que nela se inclúen xestos de ameaza como amosar o peteiro aberto e ourizar as plumas.
A chamada do picapau grande e un "kick" ou "kiks" áspero que poden repetir ata 120 veces por minuto para marca-lo seu territorio.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Coma tódolos petos fan os niños en furados que constrúe el mesmo. Para facelos prefire árbores de madeira branda e árbores vellas e podres. Comeza varios buratos antes de acabar o definitivo. Poñen entre 4 e 7 ovos brancos que chocan entre 11 e 13 días. Os polos son alimentados 3 ou catro semanas. Na segunda fase da cría os niños son doados de localizar polos chíos continuos dos pitos pedindo alimento.
Nomes noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Buntspecht
- Danés: Stor flagspætte
- Español: Pico picapinos
- Inglés: Great Spotted Woodpecker
- Finés: Käpytikka
- Francés: Pic épeiche
- Italiano: Picchio rosso maggiore
- Neerlandés: Grote bonte specht
- Noruegués: Flaggspett
- Ruso: Bolxoi piostry diatel
- Sueco: Större hackspett
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]-
Femia
-
Macho inmaturo
-
Femia
-
Macho
-
Macho
-
Macho
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Picapau grande |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ageing and sexing, documento en PDF de Javier Blasco-Zumeta. (en inglés)
- ↑ BirdLife International (2012). "Dendrocopos major". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.