Picloram
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/60/Picloram.png/220px-Picloram.png)
O Picloram é un herbicida piridínico, moi persistente, que se usa para o control de leñosas en terreos sen cultivo (silveiras, toxos, xestas etc.). Emprégase tamén contra Labaza (Rumex) e outras especies de folla ancha en praderías de gramíneas. É absorbido por vía radicular e foliar. Controla principalmente árbores e arbustos non desexados en pastos e marxes de campos. É unha auxina sintética.