Pictograma
Un pictograma[1] é un signo visual que representa esquematicamente un obxecto, acción ou concepto mediante unha imaxe simplificada. Son amplamente utilizados en instrucións de seguridade, interfaces dixitais etc.
Áreas de uso
[editar | editar a fonte]Os pictogramas son ferramentas clave na comunicación visual, proporcionando unha forma rápida e intuitiva de transmitir información sen a barreira da linguaxe oral. Son deseñados para seren entendidos universalmente, reducindo detalles innecesarios para enfocar na mensaxe esencial. A súa capacidade para transcender as limitacións lingüísticas e culturais fainos especialmente valiosos en contextos internacionais e multilingües.
En arquitectura, enxeñaría e construción
[editar | editar a fonte]Os pictogramas nestes eidos son usados para representar elementos ou procesos de xeito esquemático, facilitando a comunicación técnica en planos ou documentos relacionados. Nas infraestruturas de transporte, como estradas, son empregados nos sinais de tráfico, mapas etc.[2]
Psicoloxía e educación
[editar | editar a fonte]Neste ámbito, os pictogramas axudan a facilitar a comunicación e o aprendizaxe, especialmente en contextos onde a lingua pode ser unha barreira, como no traballo con nenos pequenos ou persoas con dificultades de aprendizaxe, por exemplo con trastornos por déficit de atención ou do espectro autista.[3]
Ciencias da saúde e veterinaria
[editar | editar a fonte]Os pictogramas son empregados para indicar procedementos, advertencias, e instrucións de maneira clara e rápida en ambientes médicos e veterinarios, onde a precisión e a rapidez na comunicación son fundamentais.[4] Tamén son usados dentro de disciplinas como a logopedia e a audioloxía, xa que facilitan a comunicación e a terapia con pacientes que teñen dificultades de fala ou audición.[5]
Importancia nos medios modernos
[editar | editar a fonte]Na era dixital, os pictogramas son fundamentais para a navegación web e as interfaces gráficas de usuario, onde a claridade e a eficiencia son prioritarias. A súa aplicación vai desde iconas en software até símbolos en dispositivos móbeis e taboleiros de mandos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "pictograma". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-07-27.
- ↑ "Macmillan Visual Dictionary: Construction. Versión en galego: Dicionario visual da construción" (PDF). C.O.A.G. (Macmillan/ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia): 4·19 (14). Setembro de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2024.
- ↑ Bernardes, Claudine (2018-06-13). "PICTOCONTOS: A importância da linguagem Simbólica no Autismo". Educação Emocional e Terapia por meio de contos (en portugués). Consultado o 2024-07-28.
- ↑ Matos, Ciro Roberto de (2009-10-02). "Pictogramas e seu uso nas instruções médicas: estudo comparativo entre repertótios para instruções de uso de medicamentos" (en portugués). Universidade de São Paulo.
- ↑ "Convirte texto en pictogramas ARASAAC de forma gratuíta". Pictofacile. Consultado o 2024-07-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Pictograma |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pictograma |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ISO/IEC 18035:2003 Iconas e símbolos para internet e interface usuario (en inglés)
- Portal Aragonés de Comunicación Aumentativa e Alternativa (versións en galego e outras)