Saltar ao contido

Peto verdeal ibérico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Picus sharpei»)
Peto verdeal ibérico

Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Piciformes
Familia: Picidae
Xénero: Picus
Especie: P. sharpei
Nome binomial
Picus sharpei
(Saunders, 1872)[2]

Sinonimia
  • Picus viridis sharpei
  • Gecinus sharpei
Picus sharpei - MHNT

O peto verdeal ibérico,[3] popularmente coñecido como peto limón, peto cabaliño, cabalo rinchón e pito ferreiro,[4] (Picus sharpei) é unha especie de ave piciforme da familia Picidae.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É unha especie endémica da Península Ibérica e os Pireneos (España, Portugal e Francia).

Taxonomía e descrición

[editar | editar a fonte]

Antes considerábase unha subespecie do peto verdeal europeo (Picus viridis), mais os estudos xenéticos concluíron que eran especies separadas, a pesar do seu similar aspecto.

Entre os trazos que permiten distinguir a Picus viridis de Picus sharpei pódense destacar que os exemplares adultos da especie ibérica teñen a rabadilla de cor verde amarelada. Ademais, os machos adultos da mesma especie teñen bigotes completamente vermellos, mentres que os europeos os teñen cun groso reborde negro.

  1. BirdLife International (2020). "Picus sharpei". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2020-3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 18 de xaneiro de 2023. 
  2. Avibase.bsc-eoc.org
  3. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  4. A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5 ed.). A Chave. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]