Saltar ao contido

Picus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Picus é un xénero de aves na familia dos pícidos, xeralmente chamados petos verdeais. Ten representantes en Europa, Asia e norte de África. O nome do xénero procede da palabra latina para "peto". O xénero Picus foi creado polo naturalista sueco Carl Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema Naturae.

Son petos de tamaño grande, característicamente coas partes superiores de cor verde. Viven en bosques espesos ou máis abertos, e poñen ovos brancos nun burato nunha árbore, normalmente sobre unha camada de estelas de madeira. Os petos do xénero Picus comen principalmente insectos, con varias especies especializadas en comer formigas ou térmites. Algunhas especies aliméntanse tamén de froitos ou ovos. Os insectos son capturados sacando rapidamente a súa lingua longa e de punta con saliva pegañenta que teñen. Este xénero é menos completamente arbóreo que outros pícidos, e os seus membros tamén se poden alimentar no chan, atacando formigueiros ou termiteiros.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero Picus foi creado en 1758 por Carl Linné na 10ª edición de Systema Naturae.[2] O nome do xénero é a palabra latina para peto. Pico (Picus) era tamén unha figura da mitoloxía romana, o primeiro rei do Lacio que foi convertido en peto pola feiticeira Circe.[3] Das 13 especies deste xénero listadas por Linné, despois o naturalista inglés William John Swainson designou como especie tipo o peto verdeal europeo (Picus viridis).[4]

O xénero comprende 14 especies:[5]

Imaxe Nome común Nome científico Distribución
Picus chlorolophus India, Bután, Nepal, Bangladesh e Sri Lanka e cara ao leste en Tailandia, Myanmar, Camboxa, Laos, Indonesia, Malaisia e Vietnam.
Picus puniceus Brunei, Indonesia, Malaisia, Myanmar, Singapur e Tailandia.
Picus viridanus do sueste de Bangladesh ao centro da península de Malaca.
Picus vittatus Camboxa, China, Indonesia, Laos, Malaisia, Myanmar, Singapur, Tailandia e Vietnam.
Picus xanthopygaeus subcontinente indio e sueste asiático
Picus squamatus Afganistán, Irán, India, Nepal, Paquistán e Turcomenistán.
Picus awokera Xapón.
Peto verdeal europeo Picus viridis Europa ao sur desde o sur da antiga Iugoslavia, Bulgaria, Asia Menor, norte de Irán e suroeste de Turcomenistán.
Peto verdeal ibérico Picus sharpei Europa.
Peto mourisco Picus vaillantii Marrocos, Alxeria e Tunisia no noroeste de África
Picus rabieri Camboxa, China, Laos, e Vietnam.
Picus erythropygius Camboxa, Laos, Myanmar, Tailandia e Vietnam.
Picus canus Europa central, setentrional e oriental, e un amplo cinto ao sur do bosque boreal de coníferas a través de Asia e ata a costa do Pacífico, Sakhalin e Hokkaido.
Picus dedemi Indonesia

Antigas especies

[editar | editar a fonte]

As seguintes son especies que antes estaban clasificadas dentro do xénero Picus, pero que agora están no xénero Chrysophlegma.

Un peto extinguido describiuse a partir dun fósil dun tarsometatarso esquerdo que data do Mioceno trdío. Pode pertencer a este xénero e recibiu o nome binomial de Picus peregrinabundus.[6]

  1. Por exemplo: John GouldThe Birds of Great Britain (vol. 3 (1873), Plate 74) para o peto verdeal europeo: Gecinus viridis. Ver tamén: peto verdeal ibérico, denominado orixinalmente Gecinus sharpei.
  2. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en latín) 1 (10ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 112. 
  3. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 306. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  4. Swainson, William John (1820). Zoological illustrations, or, Original figures and descriptions of new, rare, or interesting animals 1. Londres: Baldwin, Cradock, and Joy; and W. Wood. Texto da placa 4. 
  5. Gill, Frank; Donsker, David; Rasmussen, Pamela, eds. (agosto de 2022). "Woodpeckers". IOC World Bird List Version 12.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 25 de xaneiro de 2023. 
  6. Kessler, Jenő (Eugen) (2016). "Picidae in the European fossil, subfossil and recent bird faunas and their osteological characteristics". Ornis Hungarica 24 (1): 96–114. doi:10.1515/orhu-2016-0006.