Giovanni Pastrone
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1883 Montechiaro d'Asti, Italia (pt) |
Morte | 27 de xuño de 1959 (75 anos) Turín, Italia |
Lugar de sepultura | Cemiterio Monumental de Turín |
Outros nomes | Piero Fosco |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, montador, produtor de cinema, guionista, actor, realizador |
Período de actividade | 1914 - |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Giovanni Pastrone, nado en Montechiaro d’Asti o 13 de setembro de 1883 e finado en Turín o 27 de xuño de 1959, foi un director, guionista e produtor italiano, coñecido tamén como Piero Fosco, que desenvolveu a súa obra cinematográfica durante a época do cinema mudo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras facer estudos de administrativo, en 1905 entrou como contador na empresa cinematográfica Rossi & C. de Turín. Dous anos despois converteuse en director administrativo da compañía, que en 1908 cambiou o seu nome por Itala Films.
Traballando co enxeñeiro Sciamengo en melloras técnicas, patentou o "fixitè", un procedemento para previr os posibles escorregóns da película. Creou ademais un circuíto de salas de proxección para asegurar a distribución de centos dos seus filmes. Con todo isto, Itala Films converteuse nunha das produtoras máis importantes de Europa, grazas á produción de La caduta di Troia (1911), un ambicioso peplum de trinta minutos de duración, comezando a afrontar a realización de filmes de maior alcance e duración, o que influíu en mestres internacionais como David Wark Griffith, director de Intolerance.
Cabiria (1914) foi a produción máis ambiciosa de Pastrone, un filme de dúas hora que axiña foi coñecida nos Estados Unidos e admirada por Griffith. O filme foi realizado con todas as esixencias do “film d’art”, incluíndo o feito de contratar o máis coñecido escritor italiano da época, Gabriele d’Annunzio, para redactar os intertítulos.
O filme está ambientado nas guerras púnicas e o seu argumento combina tramas bélicas, catástrofes naturais e paixóns. A estrea en Turín fíxose con orquestra e coros teatrais, tentando facer un espectáculo que competise coa ópera e atraese o público burgués e aristócrata que desprezaba o cinema por consideralo un entretemento popular.
En 1919, na cima do seu éxito, abandonou a actividade cinematográfica para dedicarse á investigación médica.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- La glu (1908)
- Giordano Bruno eroe di Valmy (1908)
- Giulio Cesare (1909)
- La caduta di Troia (1911)
- Più forte che Sherlock Holmes (1913)
- Cabiria (1914)
- Tigre reale (1916)
- Il fuoco (1916)
- Maciste alpino (1916)
- La guerra e il sogno di Momi (1917)
- Maciste atleta (1917)
- Hedda Gabler (1919)
- Povere bimbe (1923)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giovanni Pastrone |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Giovanni Pastrone na IMDb (en inglés).