Pierre Jaccoud
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1905 Xenebra, Suíza |
Morte | 4 de xullo de 1996 (90 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Partido político | Partido Radical Democrático |
Outro | |
Condenado por | asasinato |
Pierre Jaccoud, nado en Xenebra o 24 de novembro de 1905 e finado o 4 de xullo de 1996[1], foi un avogado e político suízo, membro do partido radical.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jaccoud foi un avogado coñecido en Xenebra. Comezou a traballar na oficina do seu pai e, máis tarde, converteuse en socio da empresa. Jaccoud foi de 1953 a 1954 presidente da cámara dos avogados de Xenebra. Entre outras cousas, representou a Ali Khan como avogado durante o seu divorcio de Rita Hayworth, e foi avogado de numerosas empresas estranxeiras en Suíza. Jaccoud foi tamén membro do Gran Consello de Xenebra e titular de posicións políticas significativas.
Foi condenado por asasinato aínda que non houbo probas. É un dos poucos casos de erro xudicial na historia suíza.
Jaccoud era casado e tivo dúas fillas e un fillo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La véritable histoire du bâtonnier assassin Jaccoud dit 'Jaccouille la fripouille' Arquivado 20 de maio de 2016 en Wayback Machine. (en francés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Affaire Jaccoud: l'ombre d'un doute?" Arquivado 25 de marzo de 2008 en Wayback Machine., por Sylvie Arsever en Le Temps, 9 de xullo de 2007.