Saltar ao contido

Pilar Eyre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Eyre

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1951 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, xornalista, youtubeira Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1932488 Twitter: pilareyre Youtube: UCZ-cIrhnX67aBGrUbQf7Agw BNE: XX953450 Editar o valor en Wikidata

Pilar Eyre Estrada, nada en Barcelona o 13 de setembro de 1951, é unha novelista e periodista española de orixe galega.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Filla do pintor galego Vicente Eyre Fernández († 2008) e de Pilar Estrada Borrajo de Orosco († 1992), Pilar é a mediana de tres irmás. As súas irmás chámanse Olga e Georgina.[1] Tras estudar Filosofía e Letras e Ciencias da Información, adicouse plenamente ao xornalismo, en primeiro lugar en prensa escrita, colaborando en diarios como Hoja del Lunes, La Vanguardia, Interviú, El Periódico de Catalunya ou El Mundo.

Posteriormente, deu o salto aos medios audiovisuais, tanto radio coma televisión. Foi a través da pequena pantalla como obtivo un maior grao de popularidade, colaborando sobre todo como analista e comentarista de crónica social. Así, dende principios da década de 1990 comezou a colaborar con Jordi González no programa La palmera (1991), que se emitía en Televisión Española. Sucesivamente, as súas aparicións como contertulia e entrevistadora habitual, inclúen os espazos La máquina de la verdad (1993), con Julián Lago, Hormigas blancas (2007), con Jorge Javier Vázquez, ¡Qué tiempo tan feliz! (2010), con María Teresa Campos e La Noria (2008-2012) de novo con Jordi González.

A súa relación coa literatura iníciase en 1985, cando publica Vips: todos los secretos de los famosos. Foi finalista do Premio Planeta 2014 coa novela Mi color favorito es verte, historia autobiográfica que conta a historia de amor de madurez dunha xornalista cun reporteiro de guerra, ao que coñece tres días antes de que este teña que partir, o seu secuestro e a busca que a periodista emprende para tratar de reencontralo.

En 2014, foi finalista do Premio Planeta[2] e, en decembro de 2015, gañou o I Premio Joaquín Soler Serrano de Literatura.

Obras publicadas

[editar | editar a fonte]
  1. ""Homenatge a Vicente Eyre"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de setembro de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  2. Méndez, J. (16 de outubro de 2016). "Redondo gana el Planeta con una novela que tiene lugar en la Ribeira Sacra". elprogreso.es (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]