Pilar Neira
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1963 (61 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Pilar Neira Martínez, nada en Londres en 1963, é unha exfutbolista e adestradora de fútbol galega.
Traxectoria como xogadora
[editar | editar a fonte]Criada na cidade da Coruña, practicou como deportista o fútbol e o balonmán. Comezou xogando ao fútbol en 1976 no Karbo CF, equipo de fútbol feminino que en 1980 sería absorvido polo Deportivo pasándose a chamar Karbo Deportivo co que gañou tres campionatos de España. En 1982[Cómpre referencia] fichou no Maravillas SD e posteriormente polo Brigantium CF[1], e en 1985 gañou o campionato de España de seleccións territoriais representando a Galicia.
Traxectoria como adestradora
[editar | editar a fonte]En 1982 obtivo o título de adestradora nacional. Como adestradora ascendeu o Orzán SD a Primeira Nacional e gañou tres campionatos de España. Tamén foi adestradora do Imperátor, e dos equipos de fútbol sala da Capela, o Breogán e o Riazor[2].
En 2007 converteuse na primeira seleccionadora da selección galega de fútbol feminino, posto que ocupou ata 2009.
Ademais, é a presidenta da Asociación de Mulleres Deportistas de Galicia e do Balonmán A Coruña.
Datos persoais
[editar | editar a fonte]Está casada e ten unha filla. É seareira do Deportivo da Coruña[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pilar Neira: "Non habería que mesturar deporte e política como pasou coa selección galega Arquivado 30 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 29/08/2010.
- ↑ Pilar Neira entrenará a la selección gallega femenina Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 17/11/2007.