Pilar Pereira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1937 Santiago de Compostela, España |
Morte | 7 de febreiro de 2020 (82 anos) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, dramaturga, actriz de televisión, director teatral |
Familia | |
Fillos | Camila Bossa |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Pilar Pereira Carballo, nada en Santiago de Compostela o 4 de xullo de 1937 e finada o 7 de febreiro de 2020,[1] foi unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou na Cadena SER de Santiago en 1953. Nos anos cincuenta participou en montaxes teatrais con textos contemporáneos de Tennessee Williams, Samuel Beckett e Eugene O'Neill. En 1958 participou na Antígona de Jean Anouilh, a primeira obra en galego do Teatro Español Universitario de Santiago. Despois participou en Os homes poden ser deuses, de Gallego Tato. Nos anos sesenta trasladouse a Madrid para traballar con diferentes compañías e finalmente entrou no grupo independente Los Goliardos, co que levou a escena Ceremonia por un negro asesinado, de Fernando Arrabal. O grupo viaxou a Francia e Pilar quedou en París onde se uniu ao grupo La Carraca que tiña o teatro Les Trois Baudeux.[2] Nos anos noventa retornou a Galicia e participou en montaxes do Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego, Sarabela Teatro, Compañía Marías e Factoría Teatro. Creou unha compañía teatral co seu nome coa que realizou espectáculos escritos por ela mesma como Un lunar vermello con pinguiñas azuis, dirixida por Quico Cadaval.
Filmes
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2013).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Era nai da actriz Camila Bossa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falece a actriz Pilar Pereira
- ↑ "Quería saber quien era yo", La Voz de Galicia, Santiago, 14-4-1994, p. 43.