Pilro común
Pilro común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Calidris alpina (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución das subespecies
| |||||||||||||||
Sinónimos | |||||||||||||||
Erolia alpina |
O pilro común[2][3] (Calidris alpina) é unha ave da familia Scolopacidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos miden entre 17 e 21 cm, cunha envergadura de ás de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 gramos e poden vivir ata 24 anos. O bico é longo e lixeiramente curvado. Os ollos e as patas, que son de lonxitude media, son castaños escuros. En inverno son castaños por arriba e co ventre branco. Na época de cría ao ventre ten unha coloración negra e a parte superior e castaña avermellada. Machos e femias son de plumaxe semellante,
Hábitat
[editar | editar a fonte]Na época de cría viven principalmente en zonas de tundra. Durante a migración aparecen nas costas e marismas da Europa central. Pasan o inverno nunha área que vai do suroeste do continente europeo ata o oeste de África. O seu hábitat preferido son zonas de lama, pantanos e zonas con uces e prados salgados.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Comen insectos e larvas, que capturan de zonas cunha pequena capa de auga. Na época de migración capturan tamén caracois, vermes e pequenos crustáceos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Maduran sexualmente ó ano de idade. Fan o niño agochado entre a vexetación do chan. Entre abril e xullo poñen catro ovos castaños con marcas castañas máis escuras. Chocan unhas tres semanas, e os pitos son capaces de voar 3 semanas despois de saíren do ovo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Calidris alpina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilro común |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Videos sobre o Pilro común en Internet Bird Collection