Pingju

A pingju ou ópera ping (chinés tradicional: 評劇; chinés simplificado: 评剧; pinyin: Píngjù; Wade-Giles: P'ing2-chü4) é unha forma de ópera chinesa orixinada no norte da China.[1][2] Destaca polo emprego do chinés vernáculo e as súas melodías sinxelas, que contribuíron á súa fama entre as clases populares.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A pingju xurdiu en Tangshan, provincia de Hebei, preto da cidade de Tianjin, arredor do ano 1910.[3] O seu creador foi o dramaturgo Cheng Zhaocai, que combinou diferentes artes e estilos propios do nordeste chinés.[3] Entre as súas obras, destacan Flores coma alcaiotas e A viúva Ma abre unha tenda.[3] A pingju tivo moita fama durante o período republicano pola intensidade das súas interpretacións e as súas tramas románticas.[4] Porén, chegaría á súa época dourada durante as décadas dos 50 e 60.[1]
Algúns filmes incorporaron pingju na súa metraxe, como Haitang Hong (A begonia vermella, 1936), de Zhang Shichuan, na que aparece a intérprete de pingju Bai Yushuang.[4]

Intérpretes célebres
[editar | editar a fonte]A intérprete Bai Yushuang foi coñecida como a "raíña da pingju", e chegou a crear unha escola propia.[5] Outras intérpretes famosas foron Xin Fengxia e a súa mentora, Hua Furong.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "La innovación de la ópera Pingju_Spanish.china.org.cn". spanish.china.org.cn. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ Chinnery, John (2007). Pingju: Real Life Opera of Northern China (en inglés). New World Press.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Chinese Traditional Opera - Pingju Opera". english.visitbeijing.com.cn. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ 4,0 4,1 Cheng, Weikun (2002). "The Use of "Public" Women: Commercialized Performance, Nation-Building, and Actresses' Strategies in Early Twentieth-Century Beijing". WID Working Papers.
- ↑ "Queen of Pingju: Bai Yushuang". en.chinaculture.org. Consultado o 2023-12-03.
- ↑ "Pingju". Academic Dictionaries and Encyclopedias (en inglés). Consultado o 2023-12-03.
- ↑ Liu, Siyuan (2022). Xin Fengxia and the Transformation of China's Ping Opera (en inglés). Cambridge University Press.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cheng, W. (2002). The Use of "Public" Women: Commercialized Performance, Nation-Building, and Actresses' Strategies in Early Twentieth-Century Beijing. WID Working Papers.
- Chinnery, J. (2007). Pingju: Real Life Opera of Northern China. New World Press.
- Liu, S. (2022). Xin Fengxia and the Transformation of China's Ping Opera. Cambridge University Press.