Pino Caballero Gil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1968 (56 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de La Laguna - doutoramento (–1995) |
Actividade | |
Campo de traballo | Criptografía e Criptoanalítica |
Ocupación | matemática |
Empregador | Universidade de La Laguna, catedrático de universidade |
Pino Caballero Gil nada nas Palmas de Gran Canaria[1] o 29 de novembro de 1968, é unha científica española.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en matemáticas na Universidade de La Laguna en 1990, e doutorouse na mesma universidade en 1995. É catedrática en Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial desde 2015. As súas investigacións céntranse na criptografía, a criptanálise, protocolos criptográficos, seguridade das comunicacións inalámbricas, xeradores pseudoaleatorios, autenticación forte e aplicacións móbiles seguras.[3]
Desde 1998 coordina o grupo CryptULL de investigación en Criptoloxía da Universidade de La Laguna.[4] Participou en 47 proxectos nacionais e internacionais de investigación.[5] Membro fundadora da Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade. Membro do Instituto Universitario de Desenvolvemento Rexional e do Instituto Univesitario de Estudos das Mulleres.
En 2017 recibiu o Premio do Instituto Universitario de Estudos das Mulleres da Universidade de La Laguna.[5] En 1998 recibiu o Premio Día das Canarias para Novos Investigadores.[3] Tamén recibiu o Premio “Proxecto Empresarial” da Fundación Fyde-CajaCanarias.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pino: prestigio científico internacional al servicio de la universidad". El Día (en castelán). 12 de maio de 2019.
- ↑ Ramos González, Sofía (2019-04-16). "Desencriptando a la catedrática Pino Caballero Gil". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2020-10-18.
- ↑ 3,0 3,1 "Currículum" (PDF). Universidad de La Laguna. 11 de noviembre de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de maio de 2021. Consultado o 18 de outubro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 "Pino Caballero - NovaGob 2018". NovaGob 2018 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2020. Consultado o 8 de mayo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Las catedráticas Victoria Marzol y Pino Caballero, premiadas por el Instituto Universitario de Estudios de las Mujeres". eldiario.es (en castelán). 17 de marzo de 2017. Consultado o 8 de mayo de 2018.