Saltar ao contido

Pinoy Idol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pinoy Idol
NTSC 480i
Formato Competición musical
Creado por Simon Fuller
Desenvolvido por FremantleMedia, 19 Entertainment, CKX, Inc.
Producido por Perry Lansigan
Presentado por Raymond Gutierrez
Localización(s) Top 24: FILMEX Studio, Makati City
Top 12: CenterStage, SM Mall of Asia, Pasay City
Final: SMX Convention Center, SM Mall of Asia, Pasay City
Cadea GMA Network
Día da estrea 5 de abril de 2008
Última emisión 17 de agosto de 2008
Nº de temporadas 1
Nº de episodios 37

Na rede
http://www.igma.tv/pinoyidol
IMDB: tt1213004 Editar o valor en Wikidata

Pinoy Idol foi un concurso musical interactivo de Filipinas creado e desenvolvido por FremantleMedia e 19 Entertainment que emimtiu GMA Network en 2008 baseado no Pop Idol británico.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O programa buscaba descubrir ao mellor cantante no país a través dunha serie de audicións e actuacións en directo por todo o país e que se debía determinar por voto do público a través de SMS, non foi o primeiro programa filipino da franquía Pop Idol, no ano 2006 a Associated Broadcasting Company xa emitira Philippine Idol, malia iso GMA promoveu o programa como a primeira competición Idol de Filipinas e non recoñeceu á súa gañadora, Mau Marcelo como a primeira Idol filipino.[1]. O Pinoy Idol tiña como presentador a Raymond Gutierrez, con Ogie Alcasid, Jolina Magdangal e Wyngard Tracy como xuíces. Gretchen Espina gañou a outros dous contendentes na final, converténdose na primeira gañadora do Pinoy Idol.

  1. ""Kapuso snub saddens ‘Idol’ Mau". Philippine Daily Inquirer". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2008. Consultado o 29 de setembro de 2010.