Pipino o Xiboso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 769 ↔ 770 ![]() |
Morte | 811 (Gregoriano) ![]() Prüm Abbey, Alemaña (en) ![]() ![]() |
Causa da morte | peste ![]() |
Rei dos francos | |
![]() | |
Outro | |
Título | Príncipe ![]() |
Familia | Dinastía Carolinxia ![]() |
Pais | Carlomagno ![]() ![]() |
Irmáns | Carlos o Mozo Pipino de Italia Lois I o Piadoso Drogon de Metz Hugh Lotário Teodorico Rotrude Teodrada Berta Gisela Alpaida Adelaide Hildegarda Chrotais Hiltrude Rodaida Adaltruda ![]() |
![]() |
Pipino o Xiboso, nado cara ao 769 e finado cara ao 811, foi o fillo máis vello de Carlomagno coa súa concubina Himiltruda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debido á discapacidade á que fai referencia o seu alcume e á súa posible ilexitimidade nunca foi candidato a herdar o goberno dos francos. Porén, Carlomagno tratábao con prioridade sobre os seus irmáns máis novos, como era apropiado pola súa primoxenitura. Carlomagno desherdouno formalmente no 780, cando o Papa bautizou ao seu terceiro fillo Carlomán, quen pasou a recibir o nome de Pipino. En 792 o deforme príncipe conspirou cun grupo de nobres descontentos para mataren a Carlomagno, á súa esposa e aos seus tres fillos, coa fin de que o Xiboso conseguise o trono, converténdose así nun monicreque dos nobres. O golpe fracasou e Carlomagno condenou a morte a todos os conspiradores agás ao seu fillo, quen foi desterrado ao mosteiro de Prüm, onde faleceu 19 anos despois.