Pippa Middleton
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Philippa Charlotte Middleton 6 de setembro de 1983 (41 anos) Royal Berkshire Hospital, Reino Unido (en) |
Residencia | Bucklebury (en) |
Educación | Universidade de Edimburgo Marlborough College (pt) Downe House (en) St Andrew's School, Pangbourne (en) |
Altura | 1.650 mm |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | columnista, escritora, socialité |
Participou en | |
29 de abril de 2011 | Casamento de Guilherme de Gales e Catarina Middleton (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | James Matthews (2017–) |
Fillos | Rose, Arthur Matthews, Grace Matthews |
Pais | Michael Middleton e Carole Middleton |
Irmáns | Catarina de Gales James Middleton |
Philippa "Pippa" Charlotte Matthews (máis coñecida co seu nome de solteira como Pippa Middleton), nada en Reading o 6 de setembro de 1983 é a única irmá de Catarina de Cambridge. Socialite e organizadora de festas. Ela foi dama de honra[1] no casamento da súa irmá co príncipe Guillerme de Cambridge.
En 2012, a revista estadounidense Time clasificou a Pippa e á súa irmá, Catarina de Cambridge entre as 100 persoas máis influentes no mundo.[2]
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Pippa Middleton naceu no Royal Berkshire Hospital de Reading, Inglaterra. Ela é a segunda de tres fillos. Os seus pais son Michael Middleton (nado en 1949) e Carole Goldsmith (nada en 1955). Os seus irmáns son Catarina de Cambridge, dona do Príncipe Guillerme, e James Middleton.
Middleton foi educada no colexio St Andrew e no Downe House, posteriormente no Marlborough College ata graduarse da Universidade de Edimburgo co grado de literatura inglesa.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]Pippa casou o 20 de maio de 2017 co empresario James Matthews, herdeiro do título do señorío de Glen Affric. Se Matthews sucedera ao seu pai, Pippa converteríase en Lady Glen Affric.
En xuño de 2018, Middleton confirmou o seu primeiro embarazo. O 15 de outubro de 2018 naceu o seu primeiro fillo, Arthur Michael William Matthews.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Prince Harry And Pippa Middleton To Be Best Man And Maid Of Honour". The Huffington Post UK. Consultado o 8 de novembro de 2015.
- ↑ "TIME". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 04 de xullo de 2018.