Pirólise
Pirólise | |
---|---|
Exemplo de reacción de pirólise que dá lugar a tres subprodutos: carbón activado, bioaceite/betume e gas de síntese combustible.
| |
Outros nomes Descomposición térmica, carbonización | |
Propiedades | |
Aspecto | Varía segundo o material |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Pirólise[1], é s. str. unha reacción de análise ou descomposición que se produce pola acción das altas temperaturas. A estrutura molecular orixinal dun determinado composto vese alterada pola acción da calor nun ambiente con pouco ou ningún osíxeno.
Con todo, nun sentido amplo, a pirólise é calquera dos procesos de descomposición, ou alteración da composición, dun composto ou mestura mediante a acción da calor, nas condicións descritas anteriormente, como a carbonización . Quizais a excepción sexan as reaccións térmicas realizadas en presenza dun catalizador, cando segundo certos autores, serían mellor definidas como reaccións de reformación catalítica ou "craqueo" catalítico.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra "pirólise" provén do grego πῦρ (pyr, pyrós), que significa "lume" ou "febre violenta", e λύσις (lýsis), que significa "disolución", reflectindo o proceso de descomposición química inducida polo calor ou o lume.
O termo entrou no vocabulario científico como neoloxismo no século XIX, sendo adoptada inicialmente en lingua francesa como pyrolyse no ano 1869.[2]
Usos
[editar | editar a fonte]Este sistema é moi utilizado pola industria petroquímica e na fabricación de fibra de carbono.
Outra aplicación da pirólise é no tratamento de residuos . O proceso é autosustentábel dende o punto de vista enerxético, xa que a descomposición química a través da calor en ausencia de osíxeno produce máis enerxía da que consume.
O reactor pirolítico para o tratamento de residuos funciona con calquera produto, desde residuos domésticos até residuos industriais e plásticos que se trituran inicialmente tras ser previamente seleccionados.
A través deste proceso prodúcense biocombustibles.
Despois da selección e trituración, o material pasa ao reactor pirolítico onde se produce unha reacción endotérmica e a consecuente separación dos subprodutos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "pirólise". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-26.
- ↑ "Dicciomed: Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico". dicciomed.usal.es (en castelán). Consultado o 2024-11-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |