Piscina municipal de Santa Isabel
Aparencia
Piscina municipal de Santa Isabel | |
---|---|
Na imaxe, o Pavillón e a Piscina de Santa Isabel por fóra. | |
Coordenadas | 42°53′11″N 8°33′06″O / 42.8863895, -8.5517075 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A piscina de Santa Isabel e unha piscina municipal que se atopa en Santiago de Compostela. Inaugurouse no ano 1988 e que forma parte do recinto deportivo do Pavillón Municipal de Santa Isabel. No mesmo ano da inuguración da piscina celebráronse nela tres competicións destacadas, en febreiro o Campionato Galego de Inverno de Natación, o Torneo das 4 Nacións, (coa participación de España, Portugal, Grecia e Austria); e os días 14 e 15 de maio de 1988, a IV edición dos Campionatos Interautonómicos de Natación.[1] A piscina é cuberta e as súas dimensións son de 25 x 12 metros, tendo 8 rúas delimitadas.[2] Nesta piscina teñen base o Club Natación Ciudad de Santiago e o Club Waterpolo Santiago.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "...Cuando en 1988 la piscina de Santa Isabel albergó varias pruebas destacadas para celebrar su estreno". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-18.
- ↑ "Piscina de Santa Isabel | Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela e os seus Arredores". www.santiagoturismo.com. Consultado o 2023-08-18.