Saltar ao contido

Plácido Álvarez Dobaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPlácido Álvarez Dobaño
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Muíños, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Muíños
1995 –
← Rafael Pérez Martínez Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Muíños Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Plácido Álvarez Dobaño, nado en Muíños en 1958, é un político galego do PPdeG

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola USC, foi Secretario municipal do concello de Sarreaus e da Mancomunidade da Limia. Encabezou, como independente, a candidatura de Conxerxencia Centrista en Muíños en 1991 e foi concelleiro na oposición. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta, por tan só 11 votos de vantaxe sobre o ata entón alcalde socialista Rafael Pérez Martínez. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con amplas maiorías absoluta, chegando incluso en 2011 a lograr tódolos concelleiros en xogo da Corporación, 9 de 9.

É deputado provincial dende 2003. Dende maio de 2009 foi vicepresidente primeiro da Deputación e voceiro do grupo provincial do Partido Popular na corporación provincial. Continuou como vicepresidente primeiro ata 2011 e como portavoz ata 2023, cando pasou a ser portavoz adxunto. Dende 2019 ocupa a vicepresidencia terceira da Deputación.

Compatibiliza os seus cargos no concello e na institución provincial coa secretaría do concello de Pereiro de Aguiar.


Predecesor:
Rafael Pérez Martínez
 
Alcalde de Muíños
 
1995 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]