Plácido Ángel Rey Lemos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1867 Lugo, España |
Morte | 12 de febreiro de 1941 (73 anos) Eibar, España |
Lugar de sepultura | Santuario de Arantzazu |
Arcebispo titular | |
30 de xullo de 1927 – Diocese: Pelusium (en) | |
Bispo de Lugo | |
18 de decembro de 1919 – 30 de xullo de 1927 ← Manuel Basulto Jiménez – Rafael Balanzá y Navarro → Diocese: diocese de Lugo | |
Bispo titular | |
18 de xaneiro de 1917 – Diocese: Hamatha (en) | |
Administrador apostólico | |
18 de xaneiro de 1917 – Diocese: diocese de Xaén | |
Arcebispo católico | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1890–) |
Membro de | |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas e Orde dos Freires Menores |
Consagración | Rafael Merry del Val (pt) |
Plácido Ángel Rey Lemos, coñecido como El Mella Franciscano e Fray Plácido, nado en Lugo o 30 de outubro de 1867 e finado en Éibar o 12 de febreiro de 1941,[1] foi un relixioso galego, bispo de Lugo entre 1919 e 1927.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os seus estudos no Instituto de Lugo e ingresou no Seminario en 1885. Foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1890. Inicialmente ingresou no novizado da orde beneditina no mosteiro de Samos en 1891, mais finalmente profesou como franciscano no colexio de Compostela en 1896.[Cómpre referencia] Foi director de El Eco Franciscano. En 1906 marchou a Roma onde foi nomeado procurador xeral en 1911. O 18 de xaneiro de 1917 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Xaén e bispo titular Hamatha, por mor da grave doenza do bispo Juan Manuel Sanz Saravia que lle impedía gobernar a súa diocese. Recibiu a consagración episcopal o 25 de febreiro de mans do cardeal Rafael Merry del Val, e tendo como co-consagrantes ao bispo de Tui Leopoldo Eijo Garay e ao bispo de Urgell Joan Benlloch i Vivó.
O 18 de decembro de 1919 foi nomeado bispo de Lugo, e tomou posesión da sé o 11 de xuño de 1920. Foi senador polo arcebispado de Granada (1919-1920) e pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela (1921-1922).
Promoveu o culto eucarístico co Centro Eucarístico Diocesano e a Adoración Nocturna. Puxo en marcha a Editorial católica lucense e impulsou o periódico La Voz de la Verdad. Sintonizou coas institucións sociais que puxo en marcha a Igrexa española: O Consello Nacional de Organizacións católico-obreiras, a Acción católica, a Confederación Nacional de Obreiros Católicos e a Confederación Nacional Católico-Agraria. En 1927 viaxa a Roma para a visita ad limina e ao rematar o despacho co papa Pío XI decidiu non volver poñer os pés en Lugo. Foi nomeado arcebispo titular de Pelusium.
Obras
[editar | editar a fonte]- Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco, 1897.
- Instituciones Philosophiae Christianae, 1893
- El Terciario Franciscano 1872-1897, 1893.
- La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...), 1897.
- Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela, 1897.
- La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones, 1901.
- Instrución pastoral sobre la sagrada predicación, 1918.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuenca Toribio, José Manuel. "Plácido Ángel Rey Lemos". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco Castro, Manuel (1971). Una gran figura gallega: el p. Plácido-Ángel Rey Lemos (en castelán). Lugo: Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo.
- García Oro, José (2002). "La Iglesia de Lugo en el mundo contemporáneo: del señorío temporal a la comunidad eclesial". En García Oro, José. Iglesias de Lugo, Mondoñedo-Ferrol y Orense (en castelán) XV. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. pp. 167–196. ISBN 84-7914-541-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Juan Manuel Sanz Saravia (bispo) |
Administrador apostólico de Xaén 1917 - 1919 |
Sucesor: Manuel Basulto Jiménez (bispo) |
Predecesor: Manuel Basulto Jiménez |
Bispo de Lugo 1919 - 1927 |
Sucesor: Rafael Balanzá y Navarro |