Plásticos Ferro
Ferroplast | |
---|---|
Acceso a Ferroplast en Muras. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | anos 60 |
Localización | Paseo Marítimo 63, 15002 A Coruña Galicia |
Fundador | José Ferro Rodeiro |
Persoas clave | José Marcial Doctor López de Pablos (presidente) |
Industria | Plástico |
Produtos | Tubos Accesorios de plástico |
Número de empregados | 600 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Plásticos Ferro, coñecido pola súa marca comercial Ferroplast, é unha empresa de fabricación e tratamento de plástico con sede na Coruña. Grupo Plásticos Ferro (GPF) é a primeira empresa do sector en España e a terceira en Europa, con oito fábricas e catorce centros loxísticos.
Historia
[editar | editar a fonte]Ferroplast foi creada en Muras (Lugo) na década de 1960 por José Ferro Rodeiro. O seu fundador era propietario da marca Flan Chino Mandarín. José Ferro mercou unha pequena central hidroeléctrica na que se comezou a utilizar plástico para fabricar culleres e bonecos deste produto de sobremesa. Co tempo o negocio foi medrando facendo tubos e accesorios de PVC para a construción. En 1980, morreu o fundador da empresa e os herdeiros pasaron a chamala Plásticos Ferro SL.
En 2003 mercou Tuyper por 64 millóns de euros, pasando a ser a primeira empresa do sector en España[1].
Ferroplast xurdiu nun concello pequeno, afastado dos centros económicos e industriais. A empresa soubo combinar a fabricación de produtos de alto valor engadido que facía menos importante os custos de transporte no prezo do produto cunha enerxía barata. Ademais, conta coa súa propia planta hidroeléctrica, o que lle permite ser competitiva no mercado.
Facturación
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2012.) |
Empresas do grupo
[editar | editar a fonte]- Plásticos Ferro, tubos e accesorios de plástico.
- Tuyper grupo, tubos e conducións de plástico.
- Braseli, sistemas para a condución de auga quente e fría a presión.
- Ferro Systems, loxística.
- Ferroplast Marrocos, delegación da empresa en Marrocos.
- Tepsa, creada en Muras e adicada á fabricación de accesorios para pesca e acuicultura.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Plásticos Ferro compra Tuyper por 64 millones y pasa a ser líder en España" Arquivado 25/03/2008, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 12 de setembro de 2003 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en varias linguas)