Pléiades
As Pléiades («pombas» en grego), tamén coñecidas coma Obxecto Messier 45, M45, As Sete Irmás ou o Setestrelo, son un cúmulo estelar aberto visible a simple vista no ceo nocturno, cun prominente lugar na mitoloxía antiga, situado nun costado da constelación de Tauro. As Pléiades son un grupo de estrelas moi novas situadas a unha distancia aproximada de 440 anos luz da Terra, contidas nun espazo de trinta anos luz. Formáronse hai uns 100 millóns de anos aproximadamente, durante a era Mesozoica na Terra, a partir do colapso dunha nube de gas interestelar. As estrelas máis grandes e brillantes do cúmulo son de cor branquiazul e teñen un tamaño preto de cinco veces máis grande ca o Sol.
Composición
[editar | editar a fonte]O cúmulo ten uns 12 anos luz de diámetro e contén un total aproximado de 500 estrelas. Está dominado por estrelas azuis novas, das que oito poden observarse a simple vista dependendo das condicións atmosféricas (ceos limpos e ausencia de Lúa): Taygeta (4.29), Pleione (5.05), Merope (4.14), Maia (3.87), Electra (3.72), Celaeno (5.45), Atlas( 3.62) e Alcione (2.85). Os números entre paréntese indican a súa magnitude de brillo aparente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pléiades |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Venus e as Pléiades Portal de Internet de Science@NASA
- Messier 45, SEDS Messier pages (en inglés)
- Astronomy Picture of the Day (en inglés)