Saltar ao contido

Pla d'Espais d'Interès Natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Plan de Espazos de Interese Natural»)
Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

O Pla d'Espais d'Interès Natural (Plan de Espazos de Interese Natural) ou PEIN é unha configuración legal aprobada polo Goberno da Generalitat de Cataluña, que ten por obxecto a delimitación e establecemento das medidas necesarias para a protección básica dos espazos naturais, co fin de asegurar a súa conservación, de acordo con valores científicos, ecolóxicos, paisaxísticos, culturais e sociais.[1]

O PEIN foi aprobado polo Decreto 328/1992, do 14 de decembro, e reeditado en 1996. Ten as súas orixes na determinación legal que fai a Lei 12/1985, do 13 de xuño, de espazos naturais, modificada posteriormente pola Lei 12/2006, do 27 de xullo, de medidas en materia do medio.

A situación final do PEIN en Cataluña ata o ano 2005 incluía 144 espazos de interese natural que alcanzaban 648.065 ha; aínda así, coa aprobación en setembro do 2006 da proposta catalá da Rede Natura 2000, o PEIN experimentou un crecemento destacado da súa superficie total e o seu número de espazos, posto que, de acordo coa Lei 12/2006, de medidas en materia de medio, a declaración dunha zona especial de conservación (ZEC) ou dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) implica a súa inclusión automática no PEIN. Isto fai que, en febreiro de 2013, 977.107,87 ha (un 30,44% do territorio catalán) formen parte do PEIN, ademais de incluír 77.819,21 ha de espazos mariños.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Os obxectivos establecidos na lei 12/85 son os seguintes:

  • Protección dos recursos naturais. Esta protección estrutúrase arredor dos ecosistemas e a preservación da diversidade biolóxica.
  • Arraigamento da poboación afectada, por medio do fomento da agricultura, a silvicultura e a gandaría, que permitan manter a diversidade paisaxística e o sostemento das comunidades rurais.
  • Turismo verde. Fomento das infraestruturas, equipamentos e actividades relacionadas co turismo nas zonas protexidas, co obxecto de orientar o seu desenvolvemento compatible coa protección, e facilitar actividades económicas ás comunidades residentes.
  • Fomento da investigación dos sistemas naturais co obxecto de mellorar o seu coñecemento, para racionalizar a súa xestión.
  • Actividades pedagóxicas. Os espazos naturais son un marco ideal pola realización de actividades pedagóxicas relacionadas coas ciencias naturais e a ecoloxía.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Idescat (ed.). "Espais naturals protegits". Consultado o 14 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]