Plasma A
Plasma A foi o nome dunha serie de dous satélites de proba soviéticos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Plasma A foron dous satélites de demostración tecnolóxica para probar os sistemas dos satélites de recoñecemento nucleares US-AM, sucesores dos US-A e que nunca chegaron a entrar en servizo. Os Plasma A usaban o mesmo bus que os US-A pero co novo reactor nuclear Topaz a usar nos US-AM, que utilizaba conversión por termoemisión para xerar ata 10 kW de potencia eléctrica. Os satélites non tiñan as antenas de radar dos satélites en produción, pero si a maior parte do resto de sistemas, como os motores iónicos, os motores de estabilización, os sensores solares, os compensadores de momento magnético e os sistemas de comounicación.[1][2]
Lanzáronse dous Plasma A, ambos mediante foguetes Tsiklon-2, o primeiro o 1 de febreiro de 1987 e o segundo o 10 de xullo dese mesmo ano.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2023). "Plasma-A" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Plasma-A" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |