Plataforma del Pueblo Soriano
Plataforma del Pueblo Soriano | |
---|---|
![]() | |
Tipo | partido político |
Ideoloxía | rexionalismo |
Data de fundación | 2011 |
Data de disolución | 24 de maio de 2015 |
Sede | Almazán |
País | España |
Na rede | |
http://sites.google.com/site/plataformadelpueblosoriano | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Plataforma del Pueblo Soriano ou P.P.SO. (Plataforma do Pobo Soriano en galego) é un partido político creado en Almazán en 2011[1] como escisión do Partido Popular debido a grandes diferenzas internas do partido. En pouco tempo, o P.P.SO. logrou máis apoio que o Partido Popular na vila e estendeuse á vilas veciñas. Pouco tempo despois, xurdiron afiliados nos grandes núcleos de poboación da provincia de Soria. O P.P.SO. presentou candidaturas para as eleccións municipais de 2011 nos concellos de Almazán, Soria, Covaleda, Torrubia, Frechilla, Velamazán, Coscurita, Torlengua, Villasayas, Matamala de Almazán, Navaleno, Hinojosa del Campo, Tajahuerce, Matute e na entidade menor de poboación de Candilichera.
Historia
[editar | editar a fonte]Entre finais de 2010 e comezos de 2011 xurdiu unha grave discrepancia en Almazán entre os afiliados que daban o seu apoio a José Antonio de Miguel Nieto coma candidato do PP ás eleccións municipais e os que apoiaban o candidato imposto pola dirección provincial do partido, Félix Hernández Tajada. Segundo os estatutos do Partido Popular a dirección provincial pode decretar o candidato nos municipios de menos de 10 000 habitantes, e por esa razón o candidato ás municipais foi Hernández Tajada. Isto provocou multitude de baixas no Partido Popular soriano. Xunto a antigos membros do partido, De Miguel decidiu fundar un novo partido en marzo de 2011: a Plataforma del Pueblo Soriano.
En 2011, gañou as eleccións municipais en Almazán por maioría absoluta, conseguindo 7 concelleiros dos 13 existentes no concello; amais logrou en total en toda a provincia 2.144 votos (o 4,21% dos votos totais) e uns 20 concelleiros[2]. Tamén, conseguiu algunhas alcaldías como a do concello Coscurita e un representante na Deputación Provincial de Soria.
O partido decidiu integrarse na candidatura de Ciudadanos para as próximas eleccións autonómicas de maio do 2015 coa esperanza de ser un partido bisagra no concello de Soria e conseguir unha maior representación na deputación de Soria.[3][4]
Siglas
[editar | editar a fonte]As siglas escollidas inicialmente foron P.P.S., pero como un partido galego tiña as mesmas siglas, tiveron que modificalas, pasando a ser P.P.SO. As siglas de P.P.SO. poden chegar a confundir os votantes xa que son similares ao PSOE e tamén se pode pensar que corresponden a Partido Popular de Soria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nace Plataforma del Pueblo Soriano, un nuevo partido tras la escisión del PP en Almazán Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.. El Norte de Castilla.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2015.
- ↑ Plataforma del Pueblo Soriano se integra en Ciudadanos. Europa Press.