Platanístidos
Platanístidos Platanistidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Platanista gangetica | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xénero e especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Os platanístidos (Platanistidae) son unha familia de cetáceos odontocetos, a única da superfamilia dos platanistoideos (Platanistoidea), que inclúe un só xénero, Platanista, con dúas especies de golfiños de auga doce propios do subcontinente indio.[1]
Porén, algúns autores inclúen nela aos membros doutras tres familias, as dos Iniidae, Pontoporiidae e Lipotidae (ver taxonomía dos odontocetos).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da familia, Platanistidae, foi cuñado en 1846 por John Edward Gray,[3] que o formou engadindo ao nome do xénero tipo, e único, da familia, Platanistes, a desinencia -idae, propia dos nomes das familias dos animais.
O xénero Platanista fundárao Wagler dezaseis anos antes (1830) e o tomou do latín platanista nome dun peixe do río Ganxes, á súa vez derivado do grego antigo πλατανιστής platanistés, de πλάτη pláte, "remo", "pa do remo", derivado de πλατύς platýs, "plano", "ancho".[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A agrupación en familias dos golfiños de río desde antigo foi un problema. Porén, utilizando datos moleculares, Aranson e Gullberg non encontraron ningunha relación directa entre Platanista e os outros golfiños de auga doce.[5]
Messenger e McGuire propuxeron unha árbore filoxenética sustentando a idea de que os golfiños de río non son monofiléticos.[6]
Nunha recente análise das principais liñaxes dos cetáceos estes autores encontraron que platanistidos, golfiños e zifios diverxeron, por esta orde, dos cachalotes.[1]
Os outros tres xéneros de golfiños de río forman, segundo parece, un grupo monofilético, aínda que non todos os autores concordan.
Hamilton et al., baseándose en estudos do citocromo b, tamén opinan que a dos platanístidos é unha familia separada.[7]
O único desacordo restante á a colocación dos outros tres xéneros. Yang et al. [8] e Rice situaron o xénero Lipotes nunha familia separada,[9] e Rice colocou os outros xéneros tamén en familias distintas.[9]
Especies
[editar | editar a fonte]Superfamilia Platanistoidea
- Familia Platanistidae
- Xénero Platanista Wagler, 1830
- Platanista gangetica (Roxburgh, 1801)
- Platanista minor (Owen, 1853)
- Xénero Platanista Wagler, 1830
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Wilson, Don e Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª ed.). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0. Platanistidae Gray, 1846
- ↑ Platanista en SIIT
- ↑ Gray, J. E. (1846): Zool. Voy. H.M.S. "Erebus" and "Terror", 1: 25.
- ↑ Merriam-Webster's Unabridged Dictionart.
- ↑ Aranson, U. e A. Gullver (1996): "Citochrome b nucleotide sequences and the identification of five primary lin eages of extant cetaceans", Mol. Biol. Evo. 13: 407-417.
- ↑ Messenger, S. L. e J. A. NcGuire (1988): "Morphology, molecules, and the phylogenetics od cetaceans", Syst. Biol. 47: 90-124.
- ↑ Hamilton, H., S. Caballero, A. G. Collins, and R. L. J. Brownell (2001): "Evolution of river dolphins". Proceedings of the Royal Society of London, Series B 268, 549-556.
- ↑ Yang, Wei-Cheng et al. (2012): "Sequence Analysis of MHC Class II Genes in Cetaceans", en Bahaa, Abdel-Salem (ed.) Histocompatibility. InTech. ISBN 978-953-510-589-3. Ver en PDF
- ↑ 9,0 9,1 Rice, D. W. (1998): Marine Mammals of the World: Systematics and Distribution. Special Publication Number 4, The Society for Marine Mammalogy, Lawrence, Kansas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Platanístidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Platanistidae en ADW. (en inglés)
- Platanistidae en WoRMS. (en inglés)