Plaxio
O plaxio[1] é o acto de asinar, presentar e publicar unha obra intelectual de calquera natureza (texto, música, obra pictórica, fotografía, obra audiovisual etc) contendo partes dunha obra que pertenza a outra persoa sen o permiso do autor. No acto de plaxio, aprópiase indebidamente da obra intelectual doutra persoa, asumindo a autoría.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Provén do latín plagium: acción de roubar unha persoa, secuestrar, vender homes libres como escravos, relacionada ao verbo plaxio, con significado análogo, de modo que a etimoloxía implica un acto criminoso.[2][3]
Plaxio non é a mesma cousa que parodia. Na parodia, hai unha intención clara de homenaxe, crítica ou de sátira, non existe a intención de enganar o lector ou o espectador canto á identidade do autor da obra.
Para evitar acusación de plaxio cando se utilizar parte dunha obra intelectual na creación dunha nova obra, recoméndase parafrasear o texto da fonte consultada e colocar sempre créditos completos para o autor, seguindo as normas da Associação Brasileira de Normas Técnicas, especialmente no caso de traballos académicos onde normalmente se utiliza a cita bibliográfica.
Exemplo de plaxio
[editar | editar a fonte]Un caso considerado clásico de plaxio académico se deu coa obra de 1930 La Vie des Fourmis de Maurice Maeterlinck, libro no cal o autor belga fóra acusado de copiar a obra The Soul of the White Ant do naturalista e escritor surafricano Eugène Marais, publicada orixinalmente en revistas ao longo dos primeiros anos da década de 1920.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plaxio.
- ↑ LEWIS, Charlton T., SHORT Charles. "A Latin Dictionary". Consultado o 30/12/2013.
- ↑ LEWIS, Charlton T., SHORT Charles. "A Latin Dictionary". Consultado o 30/12/2013.
- ↑ David E. Bignell (21/10/2003). "TERMITES: 3000 VARIATIONS ON A SINGLE THEME". Arquivado dende o orixinal o 27/08/2007. Consultado o 5/4/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Historical Association, "Statement on Standards of Professional Conduct" (2005) Arquivado 05 de marzo de 2011 en Wayback Machine.
- Citation Plagiarism Arquivado 09 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
- Deja Vu: A Database of Duplicate Citations in the Scientific LiteratureArquivado 08 de setembro de 2008 en Wayback Machine.