Plaza de Zorrilla
Aparencia
Plaza de Zorrilla | |
---|---|
A Plaza de Zorrilla vista dende a rúa de Santiago. |
A Plaza de Zorrilla é unha céntrica praza da cidade de Valladolid que leva o nome do escritor valisoletano José Zorrilla. Ten unha superficie de 6.410,9 m² e unha lonxitude de 93,89 metros.
Constitúe o punto de partida dunha das principais arterias da cidade: o Paseo de Zorrilla. Ademais na praza conflúen outras catro importantes rúas de Valladolid: Santiago, Miguel Íscar, a Acera de Recoletos e a rúa de María de Molina. Desde a praza de Zorrilla accédese ao Parque do Campo Grande.