Saltar ao contido

Plenera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A plenera é un instrumento de percusión pertencente ao grupo dos tambores de marco. Estes pandeiros son orixinarios de Porto Rico, e tócanse polo xeral coa música denominada plena. Xeralmente veñen en tres tamaños, o requinto de 8", o segundo de 10" e o seguidor de 12" (que outorga un ritmo fixo), aínda que as medidas poden variar.