Saltar ao contido

Plerema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En Glosemática, o plerema é o elemento do contido cuxa definición permite a reprodución de variantes infinitamente numerosas a partir dun número limitado de invariantes e a redución dos signos infinitamente numerosos ás combinacións dun número limitado de pleremas.

Por exemplo, un plerema do tipo "xénero-ela" (xénero natural femia, a non confundir co xénero gramatical feminino) minimiza o número de desvíos posíbeis, xa que dá conta de egua, que consiste en "cabalo + xénero-ela".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]