Pobo hurón
Pobo hurón | |
---|---|
Mocasíns huróns, c. 1880 | |
Poboación | |
Poboación total: Total: 21 000 | |
Rexións principais: | |
Sur do Quebec Canadá | 3 000 |
(Kansas, Míchigan, Oklahoma) Estados Unidos | 5 900 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua hurón, inglés e francés |
Relixión | Cristianismo e outros |
Os huróns[1] ou wyandot son un pobo indíxena que habita nas reservas dos estados de Oklahoma, Míchigan, Kansas e o Quebec, e que orixinariamente se estendeu pola beira esquerda do río San Lourenzo e a rexión dos Grandes Lagos. Crese que formaban a máis numerosa confederación de indíxenas de cultura iroquesa de América do Norte. Tradicionalmente falaron a lingua hurón, unha lingua iroquesa do norte. No tempo da chegada dos europeos, crese que o seu número puido roldar os 30 000 membros, que puido ser na segunda década do século XVII.[2]
No século XV os huróns pre-contacto estaban asentados nunha grande área que abraguía dende a costa norte do lago Ontario até a Baía xeorxiana. Os huróns emerxeron no século XVII dos remanentes de dous grupos anteriores, os wyandot (huróns) e os tionontate (petun). Vivían no que hoxe é a parte sur da provincia canadense de Ontario. Drasticamente minguados en número por mor das enfermidades epidémicas despois de 1634, foron dispersados pola guerra en 1649 polos haudenosaunee, que daquela vivían en Nova York.
No presente, os huróns teñen unha reserva india das Primeiras Nacións no Quebec, no Canadá. Tamén teñen tres asentamentos principais nos Estados Unidos de América, dous dos cales teñen gobernos independentes, federalmente recoñecidos como tribos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de hurón no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Editor: Alvin M. Josephy, Jr., by The editors of American Heritage Magazine (1961). "The American Heritage Book of Indians". En páxinas 174-219. ,. American Heritage Publishing Co., Inc. LCCN 61-14871.
- ↑ the Canadian Museum of Civilization (ed.). "First Nations Culture Areas Index".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Guerra franco-indíxena
- Guerra dos Sete Anos
- Invasión do Canadá
- O derradeiro dos mohicanos
- O derradeiro dos mohicanos (filme de 1992)
- Pobos indíxenas de América
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo hurón |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dickason, Olive Patricia. "Huron/Wyandot". Encyclopedia of North American Indians, 263–65, Ed. Frederick E. Hoxie. Boston: Houghton Mifflin, 1996. ISBN 0-395-66921-9.
- Garrad, Charles and Heidenreich, Conrad E., ""Khionontateronon (Petun)", Handbook of North American Indians, ed. Bruce Trigger, Vol. 15, Northeastern Indians, Smithsonian Institution, 1978
- Heidenreich, Conrad E., "Huron", Handbook of the North American Indian, ed. Bruce Trigger, Vol. 15, Northeastern Indians, Smithsonian Institution, 1978
- Sagard, Gabriel. Le grand voyage au pays des Hurons. Vol. 1; Vol. 2. París, 1632.