Saltar ao contido

Pobo kikuyu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo kikuyu
Poboación
Poboación total:
6 622 576 Gĩkũyũ en Kenya[1]
Rexións principais:
Quenia Kenya6 622 576 (2012)
Aspectos culturais
LinguaKikuyu e suahili
RelixiónCristianismo, relixión tradicional africana
Grupos
relacionados
Embu, Meru, Mbeere, Kamba e outros pobos bantús

O kikuyu é o meirande grupo étnico de Kenya. A súa fala nativa é a lingua kikuyu. O termo Kikuyu é a forma suahili da pronunciación nativa Gĩkũyũ. Os membros do grupo refírense a si mesmos como Agĩkũyũ. Gĩkũyũ quere dicir literalmente "gran sicómoro" e Agĩkũyũ refírese ós "fillos do gran sicómoro".[2]

Segundo o censo de poboación de Kenya do 2009, había aproximadamente 6 622 576 kikuyu en Kenya, arredor do 16,9% da poboación total.[3] Segundo o CIA World Factbook, no 2014 había aproximadamente 9 902 212 kikuyu en Kenya, o 22% da poboación do país.[4]

  1. SIL International, ed. (2013). "Gikuyu: A language of Kenya". Consultado o 12 de marzo de 2013. 
  2. http://mukuyu.wordpress.com/2008/11/13/origins/
  3. 2009 Population & Housing Census Results at the Wayback Machine . Ministry of State for Planning [1] Arquivado 29 de xullo de 2019 en Wayback Machine. arquivado o 10 de agosto de 2013
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]